Reflexións sobre as revoltas e a queima do Congreso en Asunción, Paraguai, o pasado 31 de marzo

Fai unhas semaniñas, o 31 de marzo, unha movilización popular a grande escala en Asunción, Paraguai, rematou con fortes disturbios, saqueos, enfrontamentos coa policía e, para sorpresa de moitas, co incendio do edificio do Congreso Nacional. Agora que o fume disipouse un pouco, para recoller un balance, unha análise e un avance positivo alén do habitual espectáculo de imaxes e fotografías dos edificios ardendo, vimos de recoller e traducir de Contra Info dous textos con reflexións sobre aquela xornada de revolta e sobre os acontecementos que levaron a unha poboación asoballada a perder o medo, deixar saír dunha vez toda a súa raiba e a súa xenreira e atacar os símbolos da súa opresión, logrando destruir tamaña estrutura coma un Congreso.

A FELICIDADE DE QUEIMAR UN CONGRESO, SÍMBOLO DA OPRESIÓN ESTATAL

Os poderosos en Paraguai son sempre donos de todo, mesmo dos conflitos sociais e políticos. Os seus tentáculos son varios. Ao pobo danlle parte neses conflitos como espectador ou como peón. Obrigado a participar desa forma, o pobo ás veces esperta e reinventa o conflito de acordo aos seus propios intereses e demandas, rompendo co que as elites esperan del, superando o rol asignado e cambiando dramaticamente a situación.

É o que vimos o 31 de marzo. A queima do Congreso non estaba nos plans da elite para manexar o seu conflito interno, pero si estaba nas ganas do pobo, que simboliza nesa institución anos, décadas de opresión política á que prender lume. O pobo decidiu dar saída aos seus propios desexos e viviu a felicidade de queimar o Congreso, forzando todos os plans preestablecidos, escapando ao control do poder, devindo lume.

Os feitos cambian cando o pobo toma parte e faise protagonista da súa historia, e así como exprópiannos a vida a cada intre, podemos expropiar os seus conflitos aos poderosos e facelos nosos polo momento. Aos poderosos non lles gusta cando o pobo escapa ao seu control e é cando os seus operadores chaman á inmobilidade en nome dunha paz que é para os outros e os seus propios intereses, nunca para o pobo. Este momento pode ser moi curto: agora xa están a chamar á paz social, á inmovilización.

Os momentos e procesos populares que se dan en situacións críticas como a vivida o 31 de marzo non encaixan nos plans nin no sentido de quen se dedica á teorízación política e nunca miran máis aló dos seus plans partidarios.

A acción directa, a mobilización nas rúas é pedagoxía en movemento e a xente descobre alí que é máis autónoma do que cre nunha experiencia liberadora e construtiva de conflitividade social que reacciona contra anos de desigualdade e abusos políticos. As historias individuais e colectivas das persoas operan e materialízanse nas accións concretas, contra o que perciben día a día como poder e na solidariedade con quen está á beira e sofren a mesma represión. Soberbio é tachar a estas accións como “improvisación”.

A violencia da policía non ten nada de estraña nin sospeitosa, tampouco é unha sorpresa como agora dise. Esta vez a policía -unha vez apagadas as cámaras de televisión- procedeu a converter as rúas de Asunción nun escenario dos anos ’70 do stronismo, apresando arbitrariamente a quen camiñaba mesmo afastados da zona do conflito a noite do 31 de marzo e madrugada do 1 de abril, con detidos que sumaron máis de 200 persoas, agresións á comunidade LGTBIQ, violencia machista, torturas, pola represión violenta e desmedida e, sobre todo, polo asasinato a mansalva do mozo Rodrigo Quintana, despois de atracar un local da oposición política.

A constitucionalidade, a institucionalidade ou a legalidade non son os temas de fondo e iso todxs sabémolo. A legalidade é o exercicio do poder suxeito aos seus intereses nun tempo dado, é por iso que cambia cando cambian os seus intereses. A violencia estatal é unha resposta para apagar a crise política propiciada desde o seu propio seo. Non nos sorprende pero non deixa de indignarnos. O asasinato de Rodrigo Quintana non merece impunidade.

Agora é o momento de accionar, de realizar a experiencia da autonomía na acción directa, Contra todo prognóstico e contra o que se espera do pobo, que é a submisión, a obediencia a liñas preestablecidas en oficinas partidarias, o rol de aprendiz e de espectador.

Aproveitemos o momento, non cumpramos os roles establecidos, deixemos por un momento de ser espectadores. Sexamos pobo, sexamos acción.

Coordinadora de Grupos e Individuais Anarquistas de Asunción- COGIA

SOBRE OS DISTURBIOS EN ASUNCIÓN

O venres 31 a pesar dos sentimentos contraditorios e a confrontacion interior que tiñamos, ante a pregunta que nos facíamos entre compas e a nós mesmxs como anarquistas que nos importa a constitución*?, a crise política? pero os acontecementos encargáronse de darnos un jurupete**.

Nós como moitísima outra xente fomos sorprendidos pola espontánea explosión de raiba e fartura dun pobo tan manso e afeito á pasividade, pero xa canso que perdeu o medo aos gases e os balines de goma, que desbordou e desatou as súas paixóns máis salvaxes, a pesar dos chamados á calma e a manifestación pacífica por parte de senadores e líderes partidarios, o pobo ignorounos e descubriu o que é capaz de facer por si mesmo, queimar un congreso non é calquera cousa.

No medio do conflito, o enxeño e o libre desenvolvimiento da xente sen ser dirixidos por ninguén, para resistir á represión policial… A rúa converteuse no espazo pedagóxico onde o pobo deu un paso cara á desaprendizaxe da pasividade e outro cara á construción de experiencia e coñecementos empíricos para a resistencia, a autodefensa e o ataque cara aos símbolos da opresión. As balas de arma de fogo disparadas sobre a rúa Estrella, Chile e outros puntos do microcentro non foron dabondo para dispersar a raiba das miles de mozas traballadoras, estudantes, chacariteñxs e rockeiros que ese venres cambiaron os seus plans ante o alevoso espectáculo represivo e decidiron dar renda solta ao luddismo destrutivo necesario para crebar coa paz dos mortos.

Convidamos a estar en estado de alerta ante os acontecementos e animamos aos grupos auto-organizados e individuxs, todxs a non retroceder, decaer nin deixarse levar polos cálculos partidarios que o único que farán é sumirnos novamente no medo. Que a práctica revolucionaria sexa sempre a nosa resposta ao terrorismo de Estado! Contra a pasividade social.

Ver como o apoio mutuo e a solidariedade practicábanse espontaneamente, xente que che daba sal, auga, que se te desvanecías sufocado polos gases levantábanche e levábanche a un lugar seguro aínda arriscándose nunha arremetida dos cascos azuis, outros que che rescataban das mans da policía, estas prácticas é moi importante sobresaltalas para nós que como anarquistas, concibimos, desexamos e buscamos unha vida en liberdade, sen autoridade.

Desde a nosa posición como anarquistas convidamos á constante participación en futuras manifestacións, que non quede no oparei, ñasê jey callepe*** e que se reavive a loita rueira contra o terrorismo de Estado.

Tendo en claro sempre aos nosos inimigos. Non confiando en discursos partidarios e lograr sacar de entre toda a guerra de información que nos chega, onde está realmente a nosa loita.

Non hai salvación para o pobo sumiso, que non quede impune o sangue de inocentes derramada.

Frases en guaraní:

* Que é o que imos facer nós aí
** Un golpe na
boca *** Que non quede así non máis, temos que volver saír á rúa.

Grupo Afín Anarquistas Insurrectos (GAAI)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: