[Grecia] Xestos en memoria de Lambros Foundas, a 7 anos do seu asasinato a mans da policía grega

“Lambros é un dos nosos”

Ver tamén: [Grecia] Ataques incendiarios ás vivendas de dous policías en Tesalónica, en vinganza pola morte do anarquista Lambros Foundas hai 7 anos

Nos últimos días, foron publicadas en distintos blogs e linguas reivindicacións de responsabilidade por varios ataques contra institucións do poder en Grecia en memoria do compañeiro Lambros Foundas, membro da guerrilla urbana anarquista Loita Revolucionaria, que morreu o 10 de marzo do 2010, con 37 anos, durante un enfrontamento armado cos madeiros na zona de Dafni, en Atenas, que comezou cando a policía interviu contra o compañeiro mentras el tentaba roubar un vehículo para usalo logo nunha acción armada da organización.

O compañeiro morreu empuñando as armas e así foi como o recordaron nas rúas gregas. A continuación, seguen os comunicados, traducidos ao galego desde o blogue do compa de La Rebelión de las Palabras (que traduciu do inglés desde distintas fontes).

Ataque incendiario contra dúas motos de policías en Atenas

O odio falou outra vez.

  • Unha motocicleta policial en chamas o 24 de marzo na rúa Palamidi do área de Glyfada.
  • Unha motocicleta policial en chamas na rúa Vas. Amalias no área de Brahami o 25 de marzo.

LAMBROS VIVE DENTRO DAS CHAMAS

“Manadas de Lume – FAI/FRI” reivindica dous ataques incendiarios en Dafni, Atenas, en memoria de Lambros Foundas

Asumindo a responsabilidade polos ataques incendiarios en Dafni

Corta as túas cordas, monicreque.

Estamos a asumir a responsabilidade polos ataques incendiarios na madrugada do 10 de marzo na casa do alcalde e a oficina de correos en Dafni.

Nesta área, esa mesma noite de fai sete anos, o anarquista Lambros Foundas caeu polas balas policiais. Sete anos despois, non esquecemos ao noso compañeiro morto que deu a súa vida pola liberdade e a dignidade.

En tempos de represión deslizámonos a través do valo roto que o Estado instala e enche cos cascallos do medo e a represión contra calquera forma de acción que axexa as rúas. Nos obxectivos os nosos dispositivos tocaron a sinfonía da destrución antes de estoupar a poucos metros da patrulla da estación, os porcos policiais do Estado na estación de metro de Dafni que supervisan a vida de respecto á lei dos monicreques da cidade: traballo, casa, café, vida nocturna. Cada día a rutina da cidade baixo control total, dividida en pequenas ocupacións.

Con todo, a historia é escrita cando a multitude silenciosa é abandonada e as que rexeitan o silencio actúan. Aí onde convertemos a nosa raiba en lume e alimentamos o noso lume con gasolina. Somos as que non encaixan no voso mundo. Deixade que a vosa suor vértase para protexelo cun sorriso ata que chega a súa destrución.

Non esquecemos, non perdoamos. LONGA VIDA A LAMBROS FOUNDAS.

O 10 DE MARZO DÁ A LUZ A GUERRILLAS.

Solidariedade coas okupas desaloxadas e coas compas arrestadas durante a última operación represiva do Estado. 10, 100, 1000 okupacións contra un mundo de podremia organizada.

Ataca con todos os medios ao réxime tanto se é de esquerdas coma se é dereitas.

Pola ANARQUÍA.

Manadas de lume – FAI/FRI

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: