[Grecia] A CCL asume responsabilidade polo ataque explosivo contra a librería dun político de Nea Dimokratia

Tiramos de La Rebelión de las Palabras (que traduce do inglés atopado en Insurrection News), traducimos ao galego e espallamos esta reivindicación da CCL asumindo a responsabilidade por unha bomba que estoupou nunha librería de Atenas propiedade do neoliberal Adonis Georgiades, famoso político de Nea Dimokratia (dereita liberal-conservadora grega, equivalente ao PP no Estado español) que usaba a súa librería/editorial para espallar ideas xenófobas, patrióticas e fascistas.

O 15/3 colocamos e detonamos un artefacto explosivo de reloxería na librería de Adonis Georgiades no 263 da avenida de Kifissias.

Adonis Georgiadis é unha figura política… ben coñecida por todas, pintoresca, saturada e ao mesmo tempo, ridícula, que a través dos anos móvese dentro dos ambientes da (extrema) dereita de acordo aos seus intereses. Agora un membro de Nova Democracia (o principal partido de dereita) non perde ningunha oportunidade de propagar as ideas neoliberais xa sexa no Parlamento ou nalgunha cadea de televisión, sendo adicto á tele como un personaxe televisivo. Cando non está a vender o seu sensentido nacionalista (como os libros de Kostas Plevris – figura nacional-socialista) fai “agasallos” de 65 millóns de euros a compañías farmacéuticas que trafican coa vida humana. Especialmente, Georgiades, como ministro de saúde en 2014, cambiou o prezo dos medicamentos a favor das industrias farmacéuticas, particularmente favorecendo á compañía Novartis. Combinado co feito de que o nome da súa esposa apareceu na lista de Lagarde, está demostrado que o libreiro televisivo non se limita á venda de libros.

A súa retórica é sempre en converxencia coas ideas do partido ao que pertence cada vez, e a miúdo vira ao redor da cuestión da represión ás anarquistas. El anima e abre o camiño para a intensificación das medidas represivas en todos os campos, desde os disturbios insurrecionais e combativos na rúa ata o avance na militarización do trato ás nosas compañeiras encarceladas (traendo de volta as celas de alta seguridade – Tipo C, privando ás prisioneiras dos seus permisos etc.). Este lixo sabe – do mesmo xeito que nós – que as anarquistas de praxe son as súas inimigas. El sabe, como dixo, que teme a aquelas que están a loitar furiosamente pola liberdade e a dignidade, aquelas que destrúen, co lume como un aliado, todo o que el representa. El sabe que as anarquistas de praxe non pactan unha tregua coa súa conciencia, concluíndo a paz co goberno de suposta esquerda de SYRIZA como inicialmente fixo unha parte do ambiente antiautoritario. No canto diso, avanzamos no camiño da revolución anarquista continua esixindo nada menos que todo. Ese é o motivo polo que está asustado.

Tal populista non podía estar ausente da axenda política de Nova Democracia. A súa narrativa nacional-patriótica atopa o seu terreo nun sector da sociedade ofrecéndolles aceptación social, mentres mantén o consenso social necesitado por el para continuar anunciando o seu sensentido. Este libreiro de TV elixiu unha clara posición na guerra social e fai a súa presenza visible, é como unha cortiza que flota na superficie. Nova Democracia “inviste” na súa campaña antianarquista usando a A. Georgiades, M. Vorides., N. Dendias e a súa copia oculta Ch. Athanasiou, como unha vangarda. Os nomes destes “cruzados” da anti-revolución están na lista da nova guerrilla urbana.

Para parafrasear a histeria antianarquista de ND, estamos de acordo en que a distancia entre unha maza e un kalashnikov CANDO SE ACOMPAÑA DE CONCIENCIA REVOLUCIONARIA, é tan grande como a distancia entre a insurrección e a revolución continua. Esta é a aposta de cada grupo de guerrilla anarquista: o paso da violencia anarquista insurreccional á loita armada organizada contra os tiranos das nosas vidas. Un paso que afía os perigos dos ataques anarquistas, multiplicando a súa agresividade e a súa ferocidade.

Os ataques e actos anarquistas recentes da Federación Anarquista Informal e da Conspiración de Células do Lume son parte da prolongada batalla subterránea contra o mundo do poder… E se o silencio da maioría das masas lembra a un cemiterio social, nós sabemos que o camiño cara á anarquía ábrese continuando e non parando as hostilidades contra o poder. Porque cando nós dicimos anarquía non é só unha palabra, é un modo de vida. Organizámonos, planeamos e atacamos, enchendo as horas do día cunha perigosa actividade anarquista perpetua que nunca acouga. Así, o tempo morto vólvese un aliado nas nosas conspiracións rebeldes. Porque imos vivir a vida atrevéndonos e non agachándonos ante os nosos opresores.

Cada ataque é unha promesa a nós mesmas de que “todo continúa” e un sinal para todas as compañeiras en prisión de que “nada rematou”. O 24 de marzo tres compañeiras en Chile irán a xuízo: Nataly Casanova, Juan Flores e Enrique Guzmán, acusadas dos ataques da Conspiración de Células do Lume – Chile e de ataques doutros grupos. Os nosos pensamentos e os nosos corazóns están preto delas sabendo que pertencemos á mesma xeración, lonxe de fronteiras, nacións e relixións, co sentimento incumprido de liberdade e rebelión que nunca remata como nosa única patria…

PD: Voltaremos pronto… MPOUMPOUKO, verémonos de novo…

Conspiración de Células do Lume – FAI/FRI

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: