[Alemaña] Ataque incendiario contra vehículos policiais en Hamburgo contra as medidas de “seguridade”/terror dispostas para o cumio do G-20 en xullo

De seguido espallamos traducido un comunicado tirado do blogue do compa de La Rebelión de las Palabras que traduciu ao castelán desde a versión en inglés. O comunicado reivindica unha sabotaxe incendiaria de varios coches de policía estacionados nunha comisaría de Hamburgo, en Alemaña. A acción realízase contra os preparativos que as forzas represivas xa estarían a dispoñer de cara ao cumio que o G-20 realizará na cidade alemá en xullo.

hamburg

No verán, deixounos sen palabras, si, en efecto, apenas podiamos respirar. Durante moito tempo, esta pregunta preocupábanos: Quen foi o idiota que decidiu celebrar un cumio dos maiores Estados industriais do mundo no Hamburg Messe Hall no corazón do distrito alternativo de esquerdas? En decembro o “misterio” foi resolto. Olaf Scholz prometérallo persoalmente á Chanceler. O razoamento é obvio: Hamburgo, porta ao mundo, debe ser capaz de soportar un cumio coma ese. Despois da maldita aposta olímpica, agora é o momento para o cumio.

O que Hamburgo soportará, saberémolo nuns tres meses. (Historial de cumios: Xénova, Praga, Seattle, Gottemburgo, Heiligendamm…). Non queriamos agardar ata os días quentes antes do cumio. Por esta razón o 26 de marzo atacamos á comisaría da rúa Grundstrasse en Hamburgo na madrugada e prendemos lume aos furgóns no patio.

O noso obxectivo foi seleccionado con coidado, a maquinaria represiva estivo a traballar a toda velocidade na criminalización da resistencia. Para aquelas que queiran expresar o seu disentimento contra o cumio,  as prisións están xa preparadas: UHA en Holstenglacis e o Centro de Xustiza de Billwerder proporcionarán habitacións para as detidas. En Harburg na rúa Schlachthofstrasse, un antigo mercado de alimentación será convertido nun punto de reunión de prisioneiras cunha oficina xudicial e tamén en Hahnoefersand 100 espazos serán fornecidos para levar manifestantes da rúa.

Regularmente fáisenos conscientes do que significa vivir baixo un estado de sitio. Como cando as “zonas de perigo” son establecidas para tomar o barrio de novo baixo o control da orde existente, ou cando festivais rueiros son atacados para mostrar quen ten a última palabra aquí. E finalmente o momento na rúa Hafenstrasse cando a rúa enteira foi posta baixo sospeita, controis de identidade racistas foron organizados e a rúa foi posta baixo vixilancia as 24 horas.

Pero o que vai pasar aquí en Hamburgo dentro de tres meses probablemente fará palidecer a todo o demais en comparación. Xa en decembro, unha gran parte da maquinaria de represión foi posta en acción. Unha semana antes do comezo do cumio da OSCE, a situación de asedio prevaleceu non só no Messe Hall senón ao longo do distrito enteiro. Daba a impresión de que calquera protesta ou resistencia podería ser cortada de raíz polas ben equipadas unidades policiais. Puntos de control foron erixidos, canóns de auga foron dispostos, helicópteros circularon día e noite. A prensa chorreou con superlativos e imaxes dos ben preparados axentes do SEK (Comando de Despregamento Especial).

Este embate débese ás tácticas da insurreción e está agora incrustrado na arquitectura securitaria de Europa. Os poderosos están a prepararse para un futuro de conflitos no interior de Europa. A explotación interna e os levantamentos resultantes, como en Grecia, ou máis recentemente en Francia, están a se converter cada vez máis en parte da vida diaria. E é precisamente contra isto contra o que o aparello está armado: para cortar estas rebelións de raíz, e para ser capaces de dominalas coa represión inmediata. Un escenario de medo é usado como unha xustificación para a xente desta sociedade capitalista para o rearmamento interno diario. Este é un escenario que un gran sector da poboación aceptou automaticamente nos anos recentes.

O debate respecto da extensión da videovixilancia e o almacenamento de datos non é só para prometer máis “seguridade” senón para promover a sensación de que o control é omnipresente.

Unidades especiais como o SFOE, o MEK e o SEK serven como un medio de intimidación pola forza. Apoiados por equipamento de alta tecnoloxía, son baluarte dos intereses do poder e das estruturas explotadoras desta sociedade capitalista.

Unha sociedade que non pode existir sen illarse a si mesma. Unha sociedade que actualizou as súas fronteiras europeas externas e construíu a súa propia axencia fronteiriza especialmente creada, a Frontex. Está a volverse cada vez máis difícil para a xente alcanzar Europa e moita máis xente afogará no Mediterráneo tratando de fuxir aquí.

Atacamos á policía porque son parte desta insidiosa maquinaria que está a implementar violencia directamente. Son o pegamento que mantén todo unido. Calquera desde o axente de patrulla de rango máis baixo ata os policías de rango máis alto cumpre unha función. Se queremos falar de destruír o sistema teremos que tratar con el directamente. Son precisamente estas forzas as que se cruzarán no noso camiño cando nos reunamos no verán para asaltar os salóns de exhibición e a súa infraestrutura. Debemos recoñecelos polo que son, protectores reais e non só simbólicos da orde dominante, e atacalos con todas as nosas forzas. Calquera que defenda a orde dominante é tamén responsable da explotación do sistema capitalista global e debe por tanto asumir as consecuencias.

Sempre é certo: As oprimidas deste mundo odian á policía.
Saúdos de solidariedade á rúa Hafenstrasse: Non deixedes aos madeiros intimidarvos!
Hamburgo di adeus!

Hamburgo, 26.03.2017

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: