[Zaragoza] Do 7 ao 9 de abril, Xornadas Anticarcerárias e XVI Marcha ao macrocárcere de Zuera

cartelXVIPróximamente terá lugar a XVI Marcha contra o Macrocárcere de Zuera (Zaragoza) o domingo 9 de abril co lema de “Só unha sociedade inxusta necesita cárceres“. A iniciativa enmárcase dentro dunhas xornadas anticarcerárias que comezarán o venres 7 de abril. A seguir deixamos a programación:

O venres 7 de abril haberá unha charla a cargo de Lourdes Barón sobre “Cárcere e Socioloxíaás 20h no CSO KIKE MUR. Despois o sábado 8 de abril ás 12h haberá unha concentración anticarcerária na Glorieta Sesera. Logo comedor popular vegano no CSO KIKE MUR ás 15h. Máis tarde ás 19:00 charlas a cargo dos colectivos Cassandra e Revolta na Galería + Trans en prisión, tamén no CSO KIKE MUR.

E finalmente o domingo 9 de abril dará comezo a XVI Marcha contra o Macrocárcere de Zuera, ás 11h coa saída en bus desde o Colegio Tenerías (Coso Bajo) e se che apetece ir en bicicleta sairase desde a Praza da Magdalena ás 9:30. As actividades comezarán ás 12h con teatro, charlas, concerto,comida popular, cartas… no parking do Macrocárcere e por suposto estará a retransmitir Radio Hawai para dentro dos muros.

Lembra que o bono de apoio para comer son 3euros e o bono de viaxe en bus+comida son 6euros. Os bonos poden conseguirse na Flama (Maior,53), Birosta (Universidade,3), CSA A Revolta (San Agustin,18), CSO KIKE MUR (antigo cárcere de Torrero), Pottoka (Martín Gargallo,5) e Vía Láctea (Dr.Pombal 25).

Para máis información:
Correo-e: marchazuera@gmail.com
Web: http://marchazuera.noblezabaturra.org/

Deixar un comentario