[Grecia] Desaloxadas dúas okupas en Atenas, unha delas destinada á acollida de persoas refuxiadas, e disturbios en resposta + Redada policial noutro espazo anarquista okupado en Agrinio

Tiramos e traducimos desde La Rebelión de las Palabras (que recolle de A Las Barricadas) esta noticia sobre os desaloxos recentes dalgunhas okupacións en Grecia e as movilizacións que tiveron lugar en resposta.

Recollo da A Las Barricadas esta noticia-resumo acerca dos episodios represivos que tiveron lugar nos últimos días en Grecia, cando a escoria da policía grega desaloxou pola forza a okupa Vila Zografou e o hospital de Alkiviadou (que permanecía okupado como espazo autónomo e libre de acollida para persoas refuxiadas), resultando detidas máis dun centenar de persoas refuxiadas e polo menos 7 activistas anarquistas. O trato foi totalmente diferencial en función das persoas con e sen papeis, gregas e estranxeiras, delatando o por outra banda xa dabondo coñecido modus operandi racista e xenófobo da policía (non só en Grecia, senón en toda Europa), deixando en liberdade ás persoas documentadas con pasaporte grego ou doutro país europeo e retendo ás indocumentadas.

Por certo, o desaloxo do edificio okupado para acollida de persoas refuxiadas foi ordenado pola Cruz Vermella, que prometera acoller refuxiades para facerse publicidade e reforzar a súa falsa fachada humanitaria pero que, na práctica, optou por interpoñer denuncias e aliarse cos organismos represivos do Estado grego para baleirar de persoas refuxiadas un dos seus edificios, só porque non se atopaban baixo a súa tutela, senón auto-organizándose xunto a activistas que aproveitaran a conxuntura para sinalar e denunciar publicamente a colaboración e complicidade da Cruz Vermella coa represión ás persoas refuxiadas e/ou migrantes. A súa escusa foi prometer que o mesmo edificio do que expulsou a máis dun centenar de persoas refuxiadas sen recursos mediante a intervención violenta e abusiva da policía racista do Estado grego será cedido á Organización Mundial para as Migracións (organismo neoliberal de suposta “axuda humanitaria” dependente das Nacións Unidas e por tanto parte central do problema) para a acollida de menores refuxiades non acompañades. Isto, unha vez máis, mostra a triste realidade que hai tras as ONG’s e a súa hipócrita filantropía humanista, na que axudar ás persoas refuxiadas e/ou migrantes só interesa cando son esas organizacións as que xestionan dita asistencia, é dicir, cando lles sae rendible e poden converter a súa asistencia nun negocio para lucrarse e de paso despexar as sospeitas de racismo que pesan sobre a imaxe “humanitaria” da Europa capitalista e neocolonial contemporánea.

Dicir que os desaloxos foron rapidamente respostados con manifestacións e fortes enfrontamentos, en vinganza pola intervención policial.

————————————

Nas primeiras horas da mañá do día 13, a policía grega desaloxou a okupa Vila Zografou e o hospital de Alkiviadou en Atenas. Máis de 100 refuxiados e 7 anarquistas foron detidos. As persoas con papeis e sen papeis foron levadas a distintas comisarías, para posteriormente poñer en liberdade ás que tiñan papeis (con pasaporte grego ou do resto de Europa). Ás sen papeis fóiselles cambiando a versión do que se ía a facer con elas, primeiro díxoselles que as levarían a un campamento de refuxiados, logo que a un centro de internamento de estranxeiros (CIE) onde estarían uns días e poderían pedir asilo…

Un refuxiado nun Centro de Internamento para Extranxeiros, cun cartel da policía grega ao fondo. Na súa man escribiu “Detido por vivir nunha okupa cando eu non tiña outra opción. Atenas, 13-3-2017”

A Cruz Vermella desaloxa refuxiados do seu edificio prometendo que albergará refuxiados

O edificio okupado por refuxiados é da Cruz vermella, quen interpuxo as denuncias e instou ao seu desaloxo. Alega que o cederá á Organización Mundial para as Migracións para albergar a refuxiados menores non acompañados.

A media noite, preto de 60 persoas refuxiadas foron postas en liberdade sen darlles solución habitacional. Colectivos de voluntarios atoparon aloxamento de emerxencia para todas elas e buscarase aloxamento a longo prazo. A okupa de refuxiados está custodiada pola policía e as pertenzas dos seus habitantes arroxáronse polas xanelas, mentres distintas persoas rebuscan para atopar os seus aveños.

Hospital okupado de Alkiviadou, destinado á acollida de refuxiades

 

Okupa antiautoritaria Vilazografou

 

Vista aérea da okupa Vila Zografou

Desaloxos son disturbios

O día do desaloxo, tras unhas horas nas que circulou a información do ocorrido, distintas agrupacións libertarias decidiron realizar unha marcha e actos de sabotaxe nas principais avenidas en rexeitamento da constante criminalización contra os proxectos revolucionarios de vivenda, que non só inclúen a organizacións políticas autónomas e anarquistas, senón, diríxense á reconstrución do tecido social entre as comunidades migrantes, barrios populares, traballadores de todos os oficios e estudantes.

Fotos de Hibai:

————————————

Keratea

De maneira simultánea aos allanamentos e desaloxos en Atenas, en Agrinio os madeiros tamén realizaron unha visita a un espazo anarquista okupado, neste caso o Local Auto-organizado de Agrinio, e durante a redada esnaquizaron mobles, instalacións eléctricas, materiais de gravación e reprodución audiovisual, ademais de “confiscar” (roubar) 600 euros que se atoparon.

Segue a información, tomada do blogue Verba Volant:

————————————

Redada policial no Local Auto-organizado de Agrinio

O luns 13 de marzo de 2017 varios madeiros acompañados por un fiscal e varios lacayos seus irromperon na okupa “Local Auto-Organizado de Agrinio”. A okupación do edificio no que se alberga o local realizouse en decembro de 2015. A redada e o desaloxo desta okupa realizáronse simultaneamente con redadas noutras dúas okupas en Atenas (unha delas de acollida).

Segundo a información publicada na páxina web da okupa de Agrinio, os madeiros buscaron minuciosamente a parte interior do edificio, abriron armarios e caixóns, romperon varias portas, trataron de provocar un curtocircuíto para inutilizar varios aparellos eléctricos, destruíron varios inmobiliarios, levaron tres bandeiras, provocaron danos a varios aparellos de gravación e reprodución de imaxes e son, soltaron aos dous cans que vivían dentro do edificio da okupa, e levaron 600 euros (non chegaron ao sitio en que estaban agochados outros 45 euros).

Os membros da okupa e varios solidarios entraron nela despois de que se marcharon as forzas represivas. Pola tarde do mesmo día realizouse unha concentración diante do edificio do local auto-xestionado.

Fonte e fotos aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: