[Francia] Estoupa un paquete explosivo nas oficinas europeas do FMI en París

Tiramos e traducimos de La Rebelión de las Palabras esta nova que o compa traduciu do inglés e que fala sobre a explosión dun artefacto de pouca potencia nas oficinas europeas do FMI en París, que feriu á empregada que o abriu pero que ía dirixido ao actual director da institución financeira en Europa. O envío do paquete-bomba todavía non tería sido reivindicado pero a policía francesa e a policía grega sospeitan da Conspiración das Células de Lume, debido a que nos restos do paquete teríanse atopado evidencias de que foi enviado desde Grecia e ademáis, días antes, a CCL reivindicou desde Atenas o envío dun artefacto semellante ao ministro de finanzas alemán.

Recollo de 325, traduzo do inglés ao castelán e difundo esta nova que informa de que unha carta bomba, supostamente enviada desde Grecia, estoupou nas oficinas francesas do Fondo Monetario Internacional en París causando feridas leves na cara e os brazos á empregada á que lle encargaron revisalo. O artefacto, que tería pouca cantidade de explosivo para conseguir pasar os controis de raios X no aeroporto de Atenas, estaría dirixido a Jeffrey Franks, actual presidente da institución financeira desde marzo de 2015 e que estivo traballando para o FMI desde hai máis de 24 anos. Con todo, a bomba non chegou a el.

Este incidente ocorre ao día seguinte doutro feito similar no ministerio de finanzas alemán en Berlín, onde detonaba outra carta bomba, supostamente de similares características á recibida en París, e que ía dirixida a Wolfgang Schäuble, ministro de finanzas alemán. Neste caso, o paquete enviado a Alemaña foi reivindicado desde Grecia pola guerrilla urbana anarquista Conspiración das Células de Lume, e por este motivo a investigación polo ataque ao FMI en Francia conta coa participación da policía grega, que está convencida de que a CCL tamén se atopa detrás deste ataque (aínda que o ataque ao FMI en Francia aínda non foi reivindicado).

—————————————

Un día despois de que o Ministerio de finanzas alemán recibise un paquete bomba completamente funcional da Conspiración das Células de Lume / Federación Anarquista Informal enviado a Wolfgang Schäuble, ministro de finanzas, as oficinas parisienses do Fondo Monetario Internacional (FMI) tamén recibiron un artefacto explosivo similar o cal non foi detectado pola seguridade. Estoupou ao ser aberto, ferindo a unha empregada con queimaduras na cara e os brazos. As súas lesións non ameazan a súa vida.

O incidente causou unha onda de reaccións mentres o asediado Estado francés activou protocolos de seguridade pública, selando a zona con equipos antiterroristas armados e instigando unha gran investigación, agora transfronteiriza, con participación grega. O actual presidente francés fixo unha declaración sobre o ataque que foi recollida polos mass-media, difundindo máis aínda a idea-virus da violencia insurreccional dirixida a aqueles que son responsables de arruinar o planeta e da explotación económica de millóns de persoas que resulta en incontables mortes, suicidios e existencias miserables. O Estado francés está xa nun declarado estado de emerxencia con unidades do exército patrullando as rúas durante as eleccións presidenciais en marcha e facendo fronte aos disturbios contra a brutalidade policial e a corrupción.

A evidencia de selos gregos nos restos do dispositivo e o feito de que estaba adxunta unha dirección de remitente grega convertéronse en parte da investigación oficial, xa que o ministro grego de orde pública, Nikos Toskas, confirmou que a carta bomba foi enviada desde Grecia. A bomba foi designada para o representante europeo do FMI, Jeffrey Franks, que traballou para o FMI durante 24 anos e é o director da oficina europea do FMI desde marzo de 2015. O ataque aínda non foi reivindicado polos seus responsables, pero os axentes da intelixencia grega cren que é obra da Conspiración das Células de Lume.

Embaixadas, institucións financeiras, sucursais da oficina grega de correos e todos os ministerios europeos foron postos en alerta. A policía grega está a publicar ordes para controis de varrido nos paquetes, para aqueles que saen de Grecia e tamén para os que entran, xa que non se confirmou que o seguinte non sexa un obxectivo grego. Segundo a policía grega, os paquetes foron enviados con pequenas cantidades de explosivos que venceron ás máquinas de raios X no aeroporto de Atenas. Os paquetes teñen un peso, tamaño e volume reducidos, cun nome de remitente realista e direccións para engadir ao engano. De acordo coa súa investigación dos rexistros postais e as imaxes de seguridade, os axentes da intelixencia grega cren que ata 8 bombas máis de funcionamento similar poderían ter sido enviadas desde oficinas de correos en Atenas e ser entregadas en obxectivos de toda Europa…

Viva a CCL/ FAI-FRI
Viva a anarquía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: