Absolto o violador de A Baña

Informa Disnomia para Abordaxe!

Nota previa: Despois dunha serie de formas na difusión inicial desta noticia que pouco ou nada tiñan que ver cos valores e proxeccións antiautoritarias e que foron froito da inmediatez e sobre todo dunha falta de análise persoal, quixera matizar que a intención do post non era/é secundar unha convocatoria de base reaccionaria que pedía a intervención da “xustiza” burguesa e patriarcal, protestando non pola existencia dese sistema de privilexios e opresión do que nacen tanto a violencia machista e de xénero coma o resto de violencias estructurais que nos atravesan diariamente, a unhas máis que a outras, senón só por considerar que ese mesmo sistema de privilexios e opresións “non fixera ben o seu traballo” por deixar libre a este individuo. A intención era, simplemente, informar da absolución dun indesexable responsable de maltratar e violar á súa compañeira e ás súas catro fillas, pero non acreditando nos cárceres nin pedindo que o encerren, senón coa intención de que as persoas que aínda pensan que os problemas derivados das violencias estructurais que plagan esta sociedade noxenta pódense resolver nos xulgados pensen en que este non é un feito aillado senón o resultado dun sistema de opresión que privilexia e protexe aos seus soldadiños. Isto pódese notar na nota final que acompañaba a información da convocatoria e que aínda se pode ler, pero entendo que as formas non foron correctas nin coherentes, e de ahí estas aclaracións.

Segundo informou unha compañeira a quen isto redacta, mañá (venres 17) ás 12:30 convócase de urxencia unha concentración no Xulgado de Fontiñas, en Compostela, en repulsa á absolución do veciño de A Baña xulgado por violar e maltratar ás súas catro fillas e á súa muller, o cal quedou absolto finalmente grazas a un enésimo recurso de casación que prosperou.

Pola miña parte, só lembrar que esta non é ningunha excepción, que cando a “xustiza” patriarcal e asasina do Estado consinte e abre a porta á reincidencia de maltratadores, violadores e demáis escoria, non se trata de “erros procesáis”, nin de “casos aillados”, nin de “equivocacións puntuais na decisión dalgún xuíz”, senón dunha dinámica habitual nunha “xustiza” e nun sistema punitivo que resposta aos valores e intereses dun sistema patriarcal e misóxino e que mantén e reforza os privilexios dos abusadores mentras mantén e agrava a situación de completa desprotección e vulnerabilidade das mulleres, que só son nova e só importan cando son asasinadas e as súas mortes e cadáveres sérvenlles ao partido político de turno para facer campaña e gala da demagoxia e do máis noxento dos oportunismos. Por iso, cómpre que cada quen, nas súas posibilidades e ao seu ritmo, non esqueza e manteña presentes as distintas experiencias de auto-organización entre mulleres que ao longo da historia recente e non tan recente respostaron por elas mesmas, mediante a auto-organización e a acción directa, á violencia patriarcal coa violencia da súa autodefensa, cobrando xustiza coa vinganza e non confiando nos axentes e funcionarios do mesmo sistema de privilexios que orixinaba o seu tormento.

Sen máis que engadir, forza, ánimo e sorte ás afectadas pola misoxinia deste ser (négome a consideralo humano), desexando que máis cedo que tarde atope o que se merece, e preferiblemente non da man de tribunáis, xuíces e salvadores elegantes con toga, senón da man da xenreira e o rencor de todas as mulleres cuxas vidas destrozou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: