Adeus a Isabel Escudero

isabel-e1489143329709Por 

O pasado martes, 7 de febreiro, morreu a poeta Isabel Escudero (Quintana de la Serena, 1944-Madrid, 2017), referencia da poesía de aroma popular, na maneira daquela transmitida boca a boca a través de xeracións. Cultivou esta poesía, aparentemente sinxela pero de gran sedimento intelectual, na academia (era profesora na Facultade de Educación, na UNED), e, claro, onde as cousas populares suceden e se transmiten: na rúa e nos cafés.

En 1984 publicou o seu primeiro poemario, Coser y cantar, ao que seguiron outros traballos como Razón común = Razón poética, Digo yo. Ensayos y cavilaciones , Cancionero didáctico: Cántame y cuéntame, Cifra y aroma, Fiat umbra, Gorrión, migajas... ou Nunca se sabe.

Podemos situála na xeración libertaria que habitou Malasaña(Madrid), que chegou con moito menos ruido que os rapaces da movida pero con profundo eco, cos Chicho Sánchez Ferlosio ou Agustín García Calvo (seu compañeiro durante corenta anos). En grupo andiveron por La Aurora, onde ela abriu os xoves as Tertulias del Amor. No café Manuela tamén a coñecían ben: tertulias, recitais, cantos, noites…

En 2011 andivo pola Porta do Sol, cando Madrid estourou no ecuador de maio. A pasada semana foise, aos 73 anos, camiño de ningún sitio: a añorada Acracia das almas anarquistas xa a transitou en vida.

Fonte: http://www.somosmalasana.com/isabel-escudero-quedan-los-recuerdos-de-sus-tertulias-del-amor-en-malasana/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: