[Vigo] Xornada de presentación da Distribuidora Anarquista Polaris no C.S. A Cova dos Ratos

A Distribuidora Anarquista Polaris é un proxecto afincado en Pontevedra autónomo, anticomercial e antiautoritario de edición e distribución de materiais escritos que traten as loitas anarquistas e/ou anticapitalistas e que aborden a realidade desta sociedade de dominación e control cunha perspectiva crítica e rupturista. O seu obxectivo é fomentar o pensamento crítico, enriquecer o debate e axudar a espallar ideas e materiais que consideramos útiles ou interesantes para o desenvolvemento das loitas das que formamos parte. O proxecto funciona baseándose na ética do Faino Ti Mesmx e tentando fuxir das lóxicas mercantilistas, non considerando a propaganda e os textos que manexa coma mercadorías ou como propiedades, senón coma ferramentas que deben ser comúns e libres. Por iso, aínda que por razóns de subsistencia do proxecto nos vexamos obrigades a cobrar unha cantidade simbólica polos materiais físicos que permita seguir facendo copias, todos os textos que editamos atópanse no noso blogue para a súa descarga gratuíta. Para máis información da Distribuidora Anarquista Polaris e para atopar e descargar as publicacións que editamos, podedes consultar o blogue aquí: https://distripolaris.noblogs.org

O vindeiro venres 24 de marzo ás 19:00 no C.S. A Cova dos Ratos (R/ Romil nº 3 Baixo, Vigo) presentarase o proxecto e tamén se presentarán algunhas das publicacións editadas. Haberá tamén un posto con material da distribuidora para poder adquirir en formato físico. Por suposto, estaremos abertas a propostas, críticas, comentarios e achegas que desexedes facer.

Para poñervos en contacto coa distri: distripolaris(arroba)riseup(punto)net

Agardámosvos alí!

Advertisements

Unha resposta to “[Vigo] Xornada de presentación da Distribuidora Anarquista Polaris no C.S. A Cova dos Ratos”

  1. […] venres, 24 de marzo, ás 19:00, haberá unha presentación da Distribuidora Anarquista Polaris, proxecto anarquista de edición e […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: