[Curtametraxe] The Herd (O Rabaño)
Publicado por Disnomia para Abordaxe!.
The Herd é unha curtametraxe realizada pola directora vegana e feminista Melanie Light en Reino Unido no ano 2014. Foi descrita coma a primeira curtametraxe vegana e feminista pola propia directora, que pretende rachar co Referente Ausente, que diría Carol J. Adams, para amosar a realidade das industrias lácteas de todo o mundo dun xeito controvertido pero directo, amosando unha situación onde as víctimas explotadas polo seu leite non son vacas senón femias humanas. A violencia do proceso de obtención do leite, a apatía total dos explotadores ou a loita por fuxir e defenderse dalgunhas das mulleres son os temas principais nos que discurre a trama.
O pasado xoves, 9 de marzo, realizouse no Centro Social Okupado e Autoxestionado Escárnio e Maldizer de Compostela unha actividade na que se proxectou a devandita curtametraxe, e á que seguiu un interesante coloquio arredor do contido do vídeo así como tamén arredor das interseccións entre especismo, patriarcado e outras opresións, con achegas que, a min polo menos, servíronme para continuar cuestionando cousas, incluídas as miñas propias conviccións e certezas arredor de diferentes cuestións.
Agora, para todes aqueles que non puidéchedes vir pero que quedáchedes coas ganas de ver a curta, déixovolo aquí para que poidades velo online ou descargalo, e organizar as vosas propias proxeccións ou pases pola vosa conta noutros espazos ou nas vosas casas. Déixovos a versión subtitulada en portugués. Se queredes atopar unha versión subtitulada en castelán, facede click aquí.
Abril 9, 2017 ás 3:04 pm
[…] – Proxección: “The Herd” (O Rabaño) + Debate sobre interseccións entre especismo e […]
Abril 18, 2017 ás 3:29 pm
[…] – Proxección: “The Herd” (O Rabaño) + Debate sobre interseccións entre especismo e […]