10 diferenzas entre o feminismo burgués e o feminismo libertario

historiahumanidad31_14Recollo, traduzo e difundo este artigo, de cara a continuar facendo achegas rupturistas de cara ás movilizacións do 8 de marzo, un ano máis. Antes de difundilo, con todo, gustariame matizar que onde o texto fala de “feminismo libertario” eu falaría máis ben de feminismo revolucionario, xa que hai moitas feministas con achegas que coinciden cos puntos atribuídos ao feminismo libertario pero que non son específicamente libertarias ou anarquistas.

Tirado de Indymedia Barcelona e traducido por Disnomia para Abordaxe!.

10 DIFERENZAS ENTRE O FEMINISMO BURGUÉS E O FEMINISMO LIBERTARIO

1- As feministas burguesas buscan a protección das mulleres a través dos aparellos coercitivos do Estado. As feministas libertarias, avogan pola autodefensa das mulleres en comunidade.

2- O feminismo burgués desexa que toda muller compita en “igualdade de oportunidades” e sexa retribuída segundo os seus méritos individuais. Pola contra, as feministas libertarias loitan para que cada individux desenvólvase solidariamente en igualdade e que cada cal sexa satisfeitx segundo as súas necesidades.

3- As feministas burguesas desexan a incorporación de mulleres en postos de poder, no parlamento e os exércitos; nas altas xerencias de empresas capitalistas e nos executivos gobernamentais. As feministas libertarias, desexan a abolición das institucións xerárquicas. É por iso que se declaran antiestatistas, anti-militaristas e críticas do parlamentarismo.

4- O feminismo burgués sostén que a igualdade de xénero é un “dereito humano” que debe ser garantido polo Estado. As feministas libertarias sosteñen que o Estado non pode garantir a igualdade, pois a igualdade non se pode alcanzar mediante a xerarquización da sociedade que xera a organización piramidal e represiva do Estado.

5- As feministas burguesas crean “conciencia feminista cidadá”, é dicir, un conxunto de prácticas e valores que crean a un suxeito dócil e sumiso fronte ás relacións democráticas-neoliberais. As feministas libertarias crean “conciencia de clase feminista”, é dicir, principios e finalidades libertarias coa intención de abolir as relacións de poder e substituílas por relacións libres en igualdade.

6- As feministas burguesas insisten en explicar historicamente o feminismo mediante “ondas” (primeira onda, segundo onda, terceira onda, etc.), ignorando e censurando o feminismo obreiro, anarquista e comunitario. As feministas libertarias, sen obviar as achegas teóricas e conxunturais do feminismo hexemónico, nútrense sobre todo das loitas históricas das mulleres das clases oprimidas e explotadas.

7- As feministas burguesas queren un capitalismo “verde, amable e inclusivo”. As feministas libertarias loitan contra o capitalismo e contra toda forma de opresión, sexa económica, política ou cultural.

8- As feministas burguesas vincúlanse a organizacións xerárquicas e partidos parlamentarios. Promocionan o electoralismo estatal e a importancia da inclusión da muller na política burguesa. As feministas libertarias, organízanse en asociacións horizontais, practican a acción directa, o apoio mutuo e a autoxestión.

9- As feministas burguesas consideran de vital importancia leis de paridade de xénero para “feminizar” as institucións xerárquicas do capitalismo. As feministas libertarias consideran que a loita antipatriarcal non se trata de dominar “equitativamente” á vez que os machos estatistas, senón en abolir as relacións de dominación.

10- As feministas burguesas desexan que o home colabore na división do traballo no fogar e que sexa un complemento da muller baixo canons binaristas. As feministas libertarias, en cambio, cuestionan radicalmente a héteronormatividade, a estrutura familiar patriarcal e o concepto de amor que a sostén.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: