[Compostela] Proxección da curtametraxe “The Herd” (O Rabaño) + Coloquio sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo no CSO Escárnio e Maldizer

cartaz-xoves

O vindeiro xoves 9 de marzo no CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela proxectarase “The Herd” (O Rabaño), unha curtametraxe de produción independente e que presentan do seguinte xeito quenes convocan a actividade:

The Herd é unha curtametraxe realizada pola directora vegana e feminista Melanie Light en Reino Unido no ano 2014. Foi descrita coma a primeira curtametraxe vegana e feminista pola propia directora, que pretende rachar co Referente Ausente, que diría Carol J. Adams*, para amosar a realidade das industrias lácteas de todo o mundo dun xeito controvertido pero directo, amosando unha situación onde as víctimas explotadas polo seu leite non son vacas senón femias humanas. A violencia do proceso de obtención do leite, a apatía total dos explotadores ou a loita por fuxir e defenderse dalgunhas das mulleres son os temas principais nos que discurre a trama.

A curta, de 20 minutos de duración, gañou diversos premios en festivais internacionais e foi debatida e tratada tanto por colectivos antiespecistas como por colectivos feministas. Pola nosa parte, parécenos importante matizar que con esta proxección non se pretende instrumentalizar o discurso feminista ou a opresión que sufren as mulleres para explicar ou visibilizar a opresión especista, e tampouco se pretende igualar ambas loitas ou pretender que se desenvolvan nos mesmos termos (cada loita ten o seu propio contexto e as súas propias condicións, e debe abordarse desde ahí). A intención é simplemente visibilizar certos paralelismos e interseccións, e debatir sobre iso. Por iso, ao rematar a curta, haberá un coloquio sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo, ao que todes estades convidades.

Haberá ceador vegano!

* Nota: Carol J. Adams é unha autora feminista e vegana que escribiu a obra “A Política Sexual da Carne” onde relaciona o consumo de carne coa construcción do mito da “masculinidade”, e entre outros temas, trata o concepto do Referente Ausente do seguinte xeito: Detrás de cada prato de carne hai unha ausencia: a morte do animal. A función do referente ausente é manter a nosa “carne” separada da idea de que ela ou el no noso prato foron unha vez un individuo que quería vivir. É manter lonxe a idea de que esa carne era alguén e non algo. O referente ausente funciona de igual maneira na opresión cara á muller e outros grupos desfavorecidos. Na nosa cultura se cosifica á muller converténdoa nun obxecto sexual reducíndoa a un “algo” no canto de alguén que merece respecto. Esta relación entre explotación animal e a cultura patriarcal fai que a miúdo os termos que se usan para designar as partes de animais para consumo sexan intercambiables coas partes do corpo feminino.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: