Manifestación feminista unitaria o 5 de marzo en Compostela

cropped-cartaz8mgz-1O movemento feminista galego convoca a manifestación unitaria polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema ‘Feminismo para avanzar: xuntas nunha mesma loita’.

A manifestación terá lugar o 5 de marzo en Compostela, con saída ás 12:00 h (Rúa do Hórreo, fronte á estación de tren) e chegada á Praza da QuintanaA loita contra as violencias machistas e o empoderamento das mulleres serán os eixos comúns na convocatoria unitaria deste ano.

Diversos colectivos, organizacións e plataformas feministas de Galiza realizan este ano a convocatoria unitaria da manifestación do Día Internacional das Mulleres, que percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro domingo 5 de marzo.

A manifestación partirá da rúa do Hórreo (fronte á estación de tren), ás 12:00 da mañá e percorrerá as seguintes rúas: Rúa do Hórreo, Rúa da República Arxentina, Rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Senra, Porta Faxeira, Praza do Toural e Rúa Nova (en caso de choiva, este percorrido faríase máis curto). O remate será na Praza da Quintana, onde realizaremos o acto de peche coa lectura do manifesto, elaborado de xeito colaborativo polas entidades convocantes.

Como novidade, a lectura do manifesto correrá a cargo de 3 mulleres de distintos lugares do país cuxas historias e loitas representan ben a diversidade e forza do movemento feminista e das mulleres galegas. As lectoras serán Nélida Pisco, vítima de discriminación laboral en Autobuses de Calo (Compostela), Ángeles Fuertes, afectada polo conflito laboral de Linorsa (Ourense) e Pura Seoane, do Sindicato Labrego Galego (Pontevedra). O acto será conducido pola actriz coruñesa Isabel Risco.

Convocatoria diversa e incluínte

A convocatoria deste ano é froito do traballo en común dun amplo abano de persoas e colectivos de mulleres con visións e traxectorias diversas no feminismo, nunha aposta pola confluencia para acadar unha celebración do 8 de marzo ampla e unitaria. Os colectivos convocantes reflicten ben esta diversidade: Tamborililás – Batuke Feminista Compostela, Conas Ceives, Conclave de Feministas Aleatorias, Fiadeiras, Marcha Mundial Mulleres Galiza, Mulheres Nacionalistas Galegas e Plataforma Feminista Galega, ao que cómpre sumar apoios individuais e de organizacións mixtas.

O lema da manifestación, ‘Feminismo para avanzar, xuntas nunha mesma loita’ recolle precisamente o ánimo de xuntar esforzos e traballar en común na loita polos dereitos das mulleres e contra todas as manifestacións da violencia machista e contra o sistema heteropatriarcal.

Da plataforma convidan a acudir a esta manifestación unitaria e incluínte do 5 de marzo en Compostela, “na que agardamos que tanto o movemento feminista como as mulleres galegas na súa diversidade se sintan representadas e acollidas. Xuntas, reivindicaremos os nosos dereitos e a forza que nos da estar unidas na nosa diversidade”.

Difusión e adhesións

Todas as novidades da convocatoria poden seguirse na páxina web do evento: http://8marzogz.feminismos.org/. Neste espazo atópase tamén o manifesto, así como un formulario de adhesións no que tanto organizacións como colectivos e persoas poden amosar o seu apoio a esta convocatoria.

Para axudar á difusión do evento na rede, convidan a compartir as vosas mensaxes de apoio co hashtag #5MSonFeminista e a seguir o evento en Facebook e as novas da páxina web.

Fonte:http://8marzogz.feminismos.org/

 

Advertisements

Unha resposta to “Manifestación feminista unitaria o 5 de marzo en Compostela”

  1. […] comunicación anarquista galiza « Manifestación feminista unitaria o 5 de marzo en Compostela […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: