Xa non hai prisións, só silencio e impunidade

Reproducimos de tokata.info esta nova sobre o xuizo que está tendo lugar en Barcelona. Para máis información animamos a escoitar o programa de radio de tokata do 25 de febreiro.

Xa non hai prisións, só silencio e impunidade: Crónica dunha folga de presos «transformada» en motín por carcereiros e falsimedios, cando, 15 anos despois, quérese xulgar a máis de 40 persoas, presas entón, pola súa suposta participación.

9.jpg

Xuízo os días 21, 22, 23, 24, 27,28 de febreiro e o 3 de marzo do 2017 na Ciutat da Xustiza, contra os presos que no 2002 iniciaron unha folga de brazos caídos que a institución de servizos penais, e as súas organizacións sindicais de carcereiros, transformaron en motín.

«As prisións, onde o equilibrio do poder é tan desigual, tenden a ser lugares brutais e abusivos a menos que se faga un gran esforzo para controlar os impulsos básicos dos gardas. Non é que un poña mazás podrecidas nun bo barril. Poñemos mazás boas nun barril podrecido. O barril corrompe todo o que toca.» Philip G. Zimbardo. Universidade Stanford

A memoria esquecida

Cando a loita colectiva anticarceraria que comezou a finais de 1999, coñecida como loita contra o FIES, atopábase nos seus últimos estertores, deixounos unha esquecida mostra máis de organización no interior das prisións, coa convocatoria dunha folga indefinida de brazos caídos no cárcere de Quatre Camins de Barcelona.

Dita folga iniciárona máis de 150 presos do módulo I, case a súa totalidade, na prisión de Quatre Camins, un martes 28 de Maio do 2002, creando un comité de folga con 12 puntos de reivindicación. A proposta consistía nunha loita de resistencia pasiva, na que os presos negábanse a realizar traballos de calquer tipo, sinalando que en caso de non atender ás demandas, a protesta iría en aumento, abrindo a posibilidade de negarse a entrar nas celas ou dar comezo a unha folga de fame.

Dende 1993 non se conseguía unha participación tan masiva nunha prisión, e a importancia de dicha proposta, viuse reflectida en que tamén a secundaron presos con permisos de saída.

Os sucesos tiveron unha rápida e fugaz repercusión nos grandes medios de prensa que, como é habitual, non recolleron os verdadeiros motivos da folga, senón a versión oficial de portavoces de sindicatos de carcereiros e institución penal. Sobre a voz dos presos e as súas reivindicacións, absoluto silencio, transformando unha protesta colectiva de desobediencia, nun motín, co que posteriormente xustificaría o asalto da prisión por parte dos mossos d´esquadra e carcereiros chegados doutras prisións, e as consecuentes torturas, malos tratos, humillacións e traslados que se producen neste tipo de situacións e que adoitan xustificar con «a forza necesaria».

Os grandes titulares de tódolos medios de prensa masivos difundiron que as persoas presas negábanse a facer as tarefas básicas da prisión se non lles pagaban, como as de limpar as súas celas, o patio, ir aos talleres, etc…, pero a verdade era completamente diferente.

Desde facía meses e nun breve período de tempo, algunhas das persoas presas viñan alertando e denunciando publicamente a través de grupos de apoio, a situación de recorrentes mortes de persoas presas, polo que consideraban continuadas neglixencias de desatención médica. Se algunha persoa presa dicía algo respecto diso, era levada a illamento.

No módulo, os presos comentaban a necesidade de facer algunha cousa respecto diso, pois era algo que lles afectaba a todos e calquera podía ser o seguinte.

Un día, no comedor, ao decatarse un preso da morte doutro dos seus compañeiros, levantouse e chamou a atención dos carcereiros preguntándolles cantos tiñan que morrer para que desistisen na súa actitude, e quen sería o seguinte. Ao facelo a viva voz e fronte ao resto de compañeiros presos que se atopaban no comedor, non foron a por el nese momento, pero abríronlle un expediente disciplinario e esperaron cando xa se atopaban os presos pechados na súa cela, de maneira que foron a por el. Sacárono e, coas advertencias do resto de presos de que non se lles ocorrese poñerlle unha man encima, levárono a illamento.

A súa saída do illamento coincidiu coa morte doutro preso máis, o que determinou que se expuxesen pasar aos feitos, pero pensando como facelo, pois á mínima oportunidade pasarían de denunciantes a denunciados, criminalizándoos novamente como «presos perigosos e violentos».

Por iso, a súa proposta de loita foi acordar o reclamo cunhas reivindicacións para dar a coñecer as pésimas situacións nas que se atopaban e facelo de maneira que non puidesen achacarlles violencia algunha, tendo moito coidado en non responder a todas as seguras provocacións e ameazas que sabían ían recibir.

Como a loita contra o FIES aínda daba rabexadas, e algún dos presos tiveran unha participación activa nela, sumaron as súas particulares reivindicacións ás catro habituais.

—Abolición do FIES encuberto (1) (art. 93 R.P.). (Había a sospeita por parte dos presos que as reformas que se estaban facendo no módulo V puidesen ser para acondicionar un módulo tipo FIES, con capacidade para 80 prazas).

—Excarceración dos presos con enfermidades terminais (aplicación do art. 60 do antigo Código penal)

—Mellora das condicións hixiénicas e sanitarias dentro da prisión.

—Destinos remunerados. Que os presos cobren polo traballo realizado.

—Fin das falsas recompensas e do sistema SAM (introducido pola antiga conselleira de Xustiza Nuria de Gispert que propoñía motivación e incentivaba as delacións entre os presos e beneficios carcelarios para os colaboradores).

—Fin de malos tratos e torturas. Desaparición das esposas dentro da prisión.

—Fin dos «protocolos especiais», consistentes en impedir a utilización do polideportivo, talleres, ou espazos abertos, a presos considerados «fuguistas».

—Mellora da calidade da comida.

—Desmasificación da prisión.

Ao contexto carcerario abusivo e de precariedade, sumábaselle o feito do recente cambio de moeda que encarecera todos os produtos básicos do economato carcerario, pero non repercutira nun aumento da retribución económica nos traballos.

As persoas escollidas polos presos como comité eran as encargadas de falar cos responsables da institución carceraria e facerlles chegar as reivindicacións, as súas preocupacións e intencións.

A pesar de que en principio parecía que os responsables de institucións penais dicían ter intencións de establecer un diálogo cos presos, os portavoces dos sindicatos de carcereiros opuxéronse a calquera forma de diálogo e reclamaron unha actuación contundente á vez que alertaban polos medios, que eles xa avisaran á dirección xeral de prisións, que a situación do centro carcerario, era de «alto risco», reclamando máis persoal, medidas coercitivas máis contundentes e maiores condenas. En definitiva, o habitual «decálogo» de reclamacións do perfecto carcereiro.

A cuestión é que a situación no módulo I de Quatre Camins, empezouse a tensar e a ser preocupante para a dirección xeral que seguía insistindo no «diálogo».

Ao día seguinte, mércores 29 de Maio, no patio podíase constatar como se acumulaba lixo que os presos negaran a limpar, empeorando as súas condicións de hixiene. Os carcereiros, o día anterior, tiveron que servir a comida aos presos, xa que eles negáronse a facelo, quedándose posteriormente os pratos sobre a mesa e sen limpar, e o comedor con restos de comida.

Ante esa situación, convocouse unha reunión urxente entre o comité de folga e o Director e Subdirector de Institucións Penais. O Director só se comprometeu a resolver as cuestións «de carácter interno», pero ese hipotético compromiso, nin nada do falado na reunión inspirou confianza ao comité de folga, polo que reclamaron a presenza do Conseller de Xustiza de Catalunya e varios mediadores. Tamén reclamaron a presenza da Cruz Vermella como observadora ante a insalubridade do cárcere.

O comité expuxo aos seus compañeiros os seus temores do comezo das medidas represivas e a posible prohibición de visitas no fin de semana, para que ninguén de fóra se puidese decatar do que sucedía dentro. Tamén expuxeron a posibilidade de traslados forzosos para romper a cohesión e solidariedade entre eles e así acabar coa folga, e sinceráronse explicando a súa incapacidade para preveer o alcance da resposta en caso de represión, pois a nova da folga estendeuse a outros módulos e xa empezaba a ser coñecida na rúa, polo que familiares e amigxs dos presos, así como varios medios de información, concentráronse fóra do cárcere.

Ás 21.00 horas do mércores 29 de Maio, duns 200 presos do módulo I que se pasaron todo o día no patio secundando a folga, ante o aviso de que un gran despregamento dos mossos rodeaban o recinto carcelario, máis dun centenar negáronse a entrar nas súas celas e permaneceron no patio, mentres que algunhas decenas subíronse aos tellados para poder chamar a atención a quen estivese fora.

Sobre as 23:30 horas, e como os presos non depoñían a súa actitude, deron orde aos antidisturbios dos mossos d´esquadra de entrar e cargar contra os presos. Numerosos carcereiros de Brians e A Modelo incorporáronse ao asalto da prisión con material antidisturbios e mesmo barras de ferro.

Os presos do módulo II, ao oír os disparos, quixeron unirse aos seus compañeiros abrindo un burato no muro común de ambos os módulos. Os mossos d´ esquadra entraron disparando contra os presos, e estes relataron como viron que algúns dos seus compañeiros caían contra o chan tras recibir disparos de pelotas de goma que lles alcanzaron na cabeza. Tamén viron como a algún compañeiro que se atopaba no tellado, empuxárono ao baleiro e impactaba contra o chan. Policías e carcereiros esnaquizaron todo o que atopaban ao seu paso e algúns presos puideron relatar como certos carcereiros entraban nos seus bunquers, e esnaquizábanos. Ante o que vían que se lles viña encima, tamén decidiron facer o propio.

Ao redor das 2:00 horas da madrugada do xoves 30 de Maio, o cárcere fora completamente tomada polos antidisturbios dos mossos d´esquadra e os carcereiros, pero para os presos o terror non acabara, pois o «protocolo especial» de golpes, humillacións e tortura, continuou á vez que se iniciaban os traslados dos considerados «xefes» a outras prisións como Brians, Ponent ou A Modelo, mentres que ao resto seguían no módulo I baixo severas medidas de seguridade.

A historia que sempre volve

Segundo explicou Manuel Allué, naquel tempo coordinador xeneral de CATAC, o sindicato que era maioritario entón nas prisións catalás, no módulo I «ningún interno, a non ser por causa de forza maior, vai saír das súas celas, xa que se suspenderon as actividades e os presos comerán na cela» e calificou o panorama dentro do cárcere como «desolador», posto que «hai dous módulos, o un e o dous, con desfeitas no mobiliario, vidros e instalacións eléctricas, e mesmo buratos nas paredes», alertando que «a situación estivo descontrolada e os internos estiveron a piques de facerse con toda a prisión». Sobre o número de feridos tras o motín, CATAC dixo contabilizar tres funcionarios atendidos en hospitais, un deles co nariz roto, así como oito internos que tamén deberon ser asistidos fóra da prisión debido a golpes, contusións e algún óso roto, aínda que todos regresaran ao cárcere.

Ferrán Badía, un portavoz de UGT-Prisións, recoñeceu que se trataba dunha folga, pero culpou á Dirección Xeral de Servizos Penais de «falta de previsión por non tomar as medias adecuadas para evitar que unha folga de brazos caídos derivase nun motín».

Ao día seguinte, a versión oficial, falou de grave motín no cárcere de Quatre Camins, incitado por grupos antisistema do exterior, abrindo as portas da prisión á prensa para que puidesen fotografar o alcance das desfeitas que fixeran no seu interior os presos amotinados, aínda que na súa maioría fosen realizados por carcereiros e mossos, para que aquilo tivese toda a aparencia dun motín e non dunha folga de brazos caídos. Mercedes Sánchez, entón directora xeral de Servizos Penais, escribiu unha carta aberta aos presos xustificando o uso da forza para «restablecer a seguridade e liberdade das persoas».

Do que non falaron as versións da dirección xeral de prisións, nin ningún dos portavoces sindicais de carcereiros, foi dos golpes e malleiras que propinaron aos presos unha vez xa estaba tomada a prisión, nin tampouco a sodomización anal cunha porra, coa que violentaron a un preso.

Das persoas trasladadas a outras prisións tras a protesta, unhas 20 foron levadas a Ponent (Lleida), das cales sospeitábase que algunhas as tiñan con «inmovilización mecánica» no que chaman A Rotonda. A «inmovilización mecánica» é un tecnicismo, un eufemismo para evitar dicir que pasan os días esposadas de pés e mans nun catre, e suxeitas cunha correa pola cintura.

As trasladadas ao cárcere da Modelo, chegaron en condicións lamentables, algunhas sen roupa, descalzas, golpeadas e con diversos cortes, pero a ningunha facilitóuselle asistencia médica. E é por iso que ao día seguinte do fin da protesta, na Modelo produciuse un conato de motín que foi sufocado rapidamente, evitando relacionalo co ocorrido en Quatre Camins. Os presos da Modelo indignáronse ao ver o penoso estado en que chegaron os seus compañeiros de Quatre Camins.

As institucións, a través da manipulación mediática, enviaron unha clara mensaxe á sociedade. No cárcere hai presos moi violentos e perigosos que non poden conter cos medios dispoñibles. Desde a dirección xeral reclamouse aos políticos a urxente construción de máis prisións, á vez que desvinculaba calquera conato de protesta co sucedido en Quatre Camins. Pola súa banda os carcereiros aproveitaron para esixir máis persoal e material para un «tratamento» máis duro cos presos e medidas penais contra os grupos de apoio da rúa. E para tal fin, convocaron unha concentración o seguinte mércores diante da Consellería de Xustiza, co fin de protestar pola «precaria situación» das prisións catalás e o seu «desamparo». Un portavoz do sindicato CSI-CSIF, mostrouse «indignado» pola resposta da dirección da Consellería tralo «motín».

Antes da concentración de carcereiros, en Barcelona os grupos de apoio ás persoas presas, convocaron para o Sábado unha concentración diante da Consellería e ante a sede do sindicato CATAC.

Ese mesmo Sábado en Lleida, colgáronse varias pancartas en solidariedade cos compañeiros de Quatre Camins no eixo comercial de Lleida e o domingo fíxose unha volta á prisión de Ponent, podendo falar desde a rúa con algúns presos que se atopaban no DERT que informaron que a todos os trasladados de Quatre Camins, uns 20, aplicáranlles o art.75 R.P., e que algúns deles atopábanse esposados de pés e mans na Rotonda. O DERT de Ponent estaba saturado.

Esta situación de abusos seguiuse mantendo con maior impunidade e maior dificultade para traspasar tras os muros do cárcere, ata que dous anos despois volveu estalar, esta vez si, o motín de Quatre Camins de 2004, do que saíu gravemente ferido o subdirector de seguridade da prisión, que nese momento foi recoñecido polos presos como o maior responsable dos abusos e agresións que viñan reproducindo na prisión.

Na devandita ocasión, a versión oficial sinalou como causa do motín, a resposta dun grupo de presos perigosos que traficaba con droga dentro da prisión, ao ser interceptada a entrada de droga. A explosión espontánea dese motín, non foi máis que un exercicio de autodefensa fronte á humillante impunidade e os malos tratos dos carceleros, auténticos matóns do sistema carcelario.

O imperio da lei e a súa cega xustiza.

O xuízo contra os presos do motín do 2004 de Quatre Camins, levouse a cabo catro anos despois, condenándoos a longas condenas. Os presos denunciaron torturas e algunhas desas denuncias non puideron ser encubertas, chegando aos tribunais nove anos despois, e tras un intenso e extenso traballo de investigación de asociacións contra as torturas e os malos tratos. Con total hipocresía, a Generalitat, responsable das prisións catalás, era tanto parte da acusación como da defensa dos carcereiros.

E aínda que se conseguiu demostrar a tortura no interior das prisións catalás, a condena aos torturadores, vendo o alcance e a gravidade dos feitos demostrados, e as graves penas ás que foron condenados os presos, foi incriblemente ridícula. Unha amarga vitoria.

Os cárceres son institucións de disciplinamiento dos corpos, as condutas, as vontades…, e os seus principais recursos son as diferentes e múltiples formas de violencias contra as persoas encarceradas.

Do motín de Quatre Camins do 2004, tanto no xuízo aos presos no 2008, como no dos carcereiros e carcereiras no 2013, os medios e os grupos de apoio e medios alternativos deron ampla cobertura dos sucesos.

Da folga de brazos caídos en Quatre Camins, no 2002, coa excepción do momento que se producen os feitos, estendeuse un tupido e profundo silencio.

Non se soubo nada da persoa que foi abusada sexualmente, salvo que se tentou interpoñer denuncia. Das persoas procesadas e acusadas polo falso motín, nunca soubemos máis que foron golpeadas, trasladadas e que lles ían a abrir expedientes disciplinarios, perdéndose o recordo co paso do tempo.

Os días 21, 22, 23, 24, 27,28 de febreiro e o 3 de marzo do 2017.

Hai uns días, algunhas persoas puidemos decatarnos que a algún daqueles presos chegáralles unha citación como imputados, para o xuízo polo delito de «motín» de Quatre Camins no 2002.

Algunhas das que nos chegou esta información, recibímola con estupor e sorpresa, pois pensabamos que se arquivaron os feitos, xa que se alguén debía de estar imputado, non eran precisamente os presos. Pero non é así.

Os próximos días 21, 22, 23, 24, 27,28 de febreiro e o 3 de marzo, 15 anos despois, nos xulgados da Cidade da Xustiza, 40 persoas que secundaron a folga, e outras tantas que se subiron aos tellados, serán xulgados por todo un «catálogo» de delitos.

E como é que sae este xuízo 15 anos despois e en completo silencio?

Esa é unha pregunta que seguro moitas nos estaremos facendo e para a que só teremos sospeitas, hipóteses pero ningunha resposta que nos achegue certezas.

O que podemos asegurar é que Quatre Camins é unha prisión que acumula antecedentes de malos tratos a presos. Algúns se recollen nun informe que en 2005 redactou o comisario de Dereitos Humanos do Consello de Europa, Álvaro Gil-Carballos, quen contabilizou 12 episodios nos tres anos anteriores en diversos centros de detención de Catalunya.

Xa en 1999, un grupo de 27 reclusos da mesma cárcere pediu ao xuíz que investigase dúas estrañas mortes no centro e en xuño de 2001 outro avogado denunciou malleiras ao seu cliente por parte de dous funcionarios.

O mesmo Departamento de Xustiza denunciou ante a fiscalía en marzo de 2003 a catro funcionarios desa cárcere pola presunta agresión a outro recluso. Entre os denunciados estaba Manuel Allué, líder do entón sindicato maioritario CATAC, que posteriormente se integraría en UGT-presons. Esta organización condecoroulle en setembro de 2006, coa medalla ao mérito no traballo, a pesar de saber que cumpriu unha sanción xudicial dun mes polo «rigor innecesario» cun preso en 1992.

O que si que podemos recoñecer é que o xuízo prodúcese con tanto atraso, que xa case ninguén o esperaba ou non se acorda de cando se produciron os feitos. Ademais prodúcese nun momento moi particular para Catalunya e Barcelona, pois por unha banda os grupos anticarcerarios están case totalmente desaparecidos da rúa na cidade, envoltos nos seus propios proxectos máis intimistas e persoais, nos que a denuncia pública e colectiva, salvo excepcións, está case totalmente ausente.

Como estes feitos producíronse en Barcelona, ás anteriores circunstancias mencionadas, podémoslle sumar o propio contexto catalán envolto no proceso soberanista e a súa defensa das infames demandas do estado español e o seu goberno. Ante isto, a escena política de Barcelona, e a de Catalunya, atópase supeditada á folla de ruta do referendo e as súas demandas, tendo á maioría de movementos sociais da súa parte e distraídos.

Este xa non é un xuízo da Generalitat e a súa Conselleria de Xustiza contra os presos, senón un xuízo dun goberno no que conflúen intereses nacionalistas de partidos da esquerda e dereita de Catalunya. É o xuízo da Consellería de Xustiza dunha nación, e das organizacións sindicais de carcereiros, contra os presos que convocaron unha folga de brazos caídos, hai 15 anos, contra a xoia da coroa de Catalunya: as institucións penais catalás.

Os días 21, 22, 23, 24, 27, 28 de febreiro e o 3 de marzo do 2017, quince anos despois, máis de 40 persoas presas enfrontaranse soas, sen apoio, a un xuízo que se foi reservando para o momento oportuno.

Esa mesma Xustiza que se reclama para Catalunya, para a súa independencia, négaselle aos presos que se uniron para tentar cambiar os cárceres cataláns, para erradicar as torturas e aos seus torturadores. Os días 21, 22, 23, 24, 27, 28 de febreiro e o 3 de marzo, a Consellería de Xustiza e as organizacións sindicais de carceleros, van axustarlles as contas.

Ante a represión adoitamos gritar: NON ESTADES SÓS. Pero o estan.

Algúns destes homes saíron xa en liberdade tras cumprir longas condenas. Outros, despois de 15 anos, seguen aínda en prisión. Os ausentes, morreron.

A nós, as que tomamos outrora as rúas co desexo de acabar coas prisións e o sistema que as necesita, desaparecéronnos. O sistema diluíunos coa falsa ilusión dos seus espellismos e entretementos. As «mazás boas» no barril podrecido que é este sistema de pensamento positivo, tamén nos corrompeu. A favor de todo e en contra de nada. Inclusivas, propositivas, motivadas… Anestesiáronnos. Perdemos a memoria.

NOTAS

(1) Falaban de FIES encuberto porque en Catalunya non existen eses ficheiros de clasificación de presos, pero tiñan confinamentos como o DERT que non tiñan nada que envexar ao FIES, e ademais toda unha serie de ordenanzas e regulamentos cos que encubrir o illamento, o control e intervención das comunicacións, a dispersión, etc…

totes estem preses!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: