[Francia] Mobilización popular, sabotaxe e disturbios contra a instalación do vertedoiro nuclear CIGEO nos bosques de Bure

Fai uns meses fora publicado xa na Abordaxe! un chamado de compas de Francia para acudir aos bosques de Bure, que foron okupados por grupos de activistas en resistencia contra a súa destrución por parte da ANDRA (axencia francesa para a eliminación de refugallo nuclear), que pretende instalar alí un vertedoiro nuclear.

Agora tiro de La Rebelión de las Palabras (quen recolle e traduce desde o inglés publicado en Insurrection News) traduzco e difundo esta crónica das movilizacións que tiveron lugar o sábado, e que remataron con ataques aos laboratorios da ANDRA e ao lugar previsto para as obras e con fortes enfrontamentos coa policía e a seguridade.

14

O sábado, 19 de febreiro, en Bure, no Noroeste de Francia, unha manifestación tivo lugar no bosque para apoiar a okupación alí e logo cara ao laboratorio de investigación das instalacións planeadas dun vertedoiro nuclear CIGEO. No proceso, o ANDRA (axencia francesa de eliminación de refugallos nucleares) foi presionada máis ou menos simbólicamente a unha sección do seu muro ilegalmente construído no bosque. Un pequeno informe da acción.

Máis de 700 persoas tomaron parte nos eventos de febreiro de 2017 en Bure, os cales á noitiña resultaron en protestas violentas e ataques masivos contra o lugar da axencia de eliminación de residuos nucleares ANDRA.

Durante ao redor dun ano, o progreso do proxecto de eliminación de residuos nucleares CIGEO foi eficazmente obstaculizado pola resistencia do movemento anti-nuclear en Lorraine. A pesar dos desaloxos, a construción do muro e os ataques legais e os seus contraataques, a okupación do bosque en Bois Lejuc e a protesta contra o proxecto apocalíptico da industria milagrosa tamén se estende máis aló da rexión. Así que houbo expresións de solidariedade máis ou menos simbólicas noutras cidades, centos viñeron ao día de acción.

Xa o martes e o xoves houbo accións nocturnas e ataques ao laboratorio e o seu departamento de “greenwashing”*, resultando en danos considerables ás barreiras que foran parcialmente substituídas por arames de espino da OTAN. Unha gran chea de policías evitaban que a xente chegase aos edificios pola tarde, con todo, grandes seccións do valo restante, reforzos, árbores mortas e moito máis foron usados para construír barricadas durante unha batalla campal de varias horas. Mentres os policías estaban a atacar e bombardeando ás manifestantes con gas lacrimóxeno así como granadas ofensivas e/ou de contusión, numeroses manifestantes atacaron a infraestrutura e aos controladores do capital nuclear de xeito decisivo e vehemente durante dúas horas. Houbo varias persoas feridas en ambos os lados e polo menos tres arrestos.

Haberá máis procesos decisivos a semana que ven e esta primavera. Apoia a okupación do bosque, apoia Bure!
A loita anti-nuclear en Bure desmantela as compañías nucleares en todas partes!

24

3

6

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: