[Alemaña] Contra o Congreso Policial Europeo e a cimeira do G-20 de xullo en Hamburgo: Ataque incendiario contra unha comisaría en Berlín

Tiro de La Rebelión de las Palabras (que recolle e traduce desde a versión publicada en Insurrection News, traducida desde o orixinal en alemán) e publico traducido ao galego este comunicado de reivindicación de responsabilidade polo ataque incendiario contra unha comisaría da Kriminalspolizei en Berlín. A acción enmárcase na resistencia contra o 20º Congreso Policial Europeo (que se realizará entre mañá e pasado na capital alemana) e contra a cimeira que o G-20 vai realizar en Hamburgo en xullo.

burn_kripo_burn

18.02.17: O 21 e 22 de febreiro o Congreso Policial Europeo terá lugar por 20ª vez en Berlín. Nesta ocasión no Berlin Congress Center (BCC), traficantes da guerra, cazadores de humanos e fanáticos da seguridade reúnense para propagar as súas despreciables maquinacións.

Ademais de Thomas de Maizière, o ministro federal do interior e Hans-Georg Maaßen, presidente da Oficina Federal para a Protección da Constitución, axentes e gardas de todos os tipos serán representados pola Europol, a Frontex, a BKA, a LKA e outras moitas autoridades. Tamén estarán presentes lobbistas, emprendedores e ministerios da guerra tales como Heckler & Koch, Taser, Rheinmetal, e desarrolladores de software de monitoraxe e tecnoloxías de comunicación como SAP, IBM e Vodafone tamén estarán presentes.

Baixo o slogan “Europa sen límites? Liberdade, mobilidade, seguridade”, serán discutidas as campañas vindeiras nas que se impoñerá a autoridade e poñeranse en marcha as tecnoloxías e armas apropiadas.

Palabras como ilimitado, liberdade e mobilidade son sobre todo a cooperación transnacional dos corpos represivos europeos, o intercambio de datos e coñecementos e a militarización de Europa e das súas fronteiras exteriores.

Consideramos esta reunión un insulto e pensamos: “Estes porcos… isto non debería ser, NON!” Igual de insultante é a cimeira do G-20 que terá lugar no verán en Hamburgo. Os defensores do existente e aqueles responsables da miseria prevalecente non se gañaron unha plataforma. Por este motivo conspiramos contra o sistema de fronteiras e control, e atacamos o edificio policial da Kriminalpolizei (axencia de investigación criminal) en Directorate 6 con dous xogos de incendiarios e un pneumático.

Para todas aquelas que son separades de nós por valos e muros.
Para os centos de miles de persoas que teñen que arriscar as súas vidas nas fronteiras exteriores de Europa.
Para as dúas anarquistas encarceladas que foron arrestadas debido a unha operación conxunta da Audiencia Nacional española e a LKA de Renania do Norte-Westphalia e acusadas dunha expropiación bancaria en Aachen e están a ser xulgadas desde xaneiro.
Para Gabriel Pombo dá Silva, quen foi temporalmente detido polos cans gardiáns do Estado español a finais de xaneiro e confrontado co constructo de “mercado ilegal de armas e munición e fundación dun grupo armado”.
Para a revolta nos suburbios parisienses que estivo en marcha nas rúas durante ao redor dunha semana contra os ataques policiais racistas.

Lume e chamas contra a represión – Abaixo a fortaleza Europa
Adeus, vémonos en Hamburgo!

Anarquistas

Para todas as partes interesadas que quixesen darlle ás compañías e institucións envoltas na convención policial algún agarimo a maiores:

(BAK), BMS (Broadcast Microwave Services), BONOWI International Police Equipment GmbH, Bosch, Bundesdruckerei GmbH, BDK, Federal Criminal Police Office (BKA), Federal Association of Interpreters and Translators (BDÜ ), BDA – BerlinDataAnalytics, Busch, PROTEctive, Canon, Capgemini, Cellebrite, Cognitec, CONTURN, CSC, Cyberakademie, Daimler AG, Dallmeier, Data-Warehouse GmbH , Deutsche Polizeigewerkschaft DpolG, DVZ DATA PROCESSING CENTER, ICE Aircraft GmbH, EFB-Elektronik GmbH, EQA SafeCity Technologies, Ericsson, Esri Deutschland GmbH, eu-LISA, Eurocommand GmbH, FutureLAB AG, Gaus- HELIOS Privatkliniken GmbH, HP Inc, Hytera Mobilfunk GmbH, IABG, IBM, Information and Education Center Schloss Gimborn (IBZ), IfmPt, INTERNATIONAL POLICE ASSOCIATION (IPA), Jenoptik, KRD Sicherheitstechnik, Kaspersky Lab, KEMAS, Kowa, KRIMINALISTIK, Microsoft Germany GmbH, MOBOTIX, Motorola Solutions, MSAB, NetApp, Panasonic Computer Product Solutions (CPS), PDV-Systeme GmbH, PLATH Group, RCS, Rheinmetall AG, Roadmetric, Rohde & Schwarz Cybersecurity, rola Security Solutions GmbH, SAP, Sapite GmbH, Scheer E2E AG, Schmidt & Bender GmbH & Co., Schoenhofer Sales and Engineering GmbH, Sciengines, Seccon Group, Stashcat, T3K-Forensics, Trivadis, Schelhorn, OWiG Software GmbH, secunet, Sinc, Smartfrog, Sopra Steria, STOOF International, SVA System Sales Alexander GmbH, Taser – Axon, TASSTA, Ulbrichts Protection, Unisys, Verseidag – Indutex GmbH, VIMTEC – FAST, Vites, VirtualSolution, Vitronic, Vodafone.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: