[Grecia] Sabotaxe a unha máquina de billetes de tranvía en Atenas por Grupo de Estudantes Indisciplinados

En relación á nova que xa publicamos en Abordaxe sobre a sabotaxe de máquinas de billetes no transporte público grego (unha práctica xa desenvolta con anterioridade de xeito coordinado, obtendo como resultado decenas cando non centos de máquinas escaralladas en Atenas e noutras cidades), desta volta en resposta ao aumento do control, a vixilancia e a represión relacionados co seu uso, tiramos agora de La Rebelión de las Palabras (que traduce ao castelán desde a versión en inglés) e traducimos ao galego este comunicado asinado por “Grupo de estudantes indisciplinados” reclamando a responsabilidade pola sabotaxe dunha desas máquinas nunha estación do tranvía en Praza Vergioti, en Atenas.

Na noite do luns 6/2 destruímos a dianteira dunha nova máquina de tíquets na estación do tranvía “Praza Vergioti”. Esta máquina tería impreso os novos tíquets electrónicos, os cales son tamén unha parte da represión estatal xeneralizada da nosa liberdade de movemento. Non deberiamos aceptar pagar polo noso transporte diario, non deberiamos tolerar os torniquetes nas estacións de Metro, os revisores nin os novos tíquets-chivatos.

Chamamos a grupos e individuos a levar a cabo as súas respectivas accións para que podamos sabotear de facto o control e a opresión no transporte de masas.

LIBERDADE DE MOVEMENTO PARA TODAS

Grupo de estudantes indisciplinados.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: