Compilado de accións pola liberación animal arredor do mundo

2-9-1002414157_tshirt-animal-liberation-direct-action-animal-liberation-vegetarian-vegan-alf-animal-liberation-frontTiramos de La Rebelión de las Palabras e traducimos ao galego estes comunicados e novas de diferentes liberacións e sabotaxes que tiveron lugar entre mediados de xaneiro e comezos de febreiro. O compañeiro tira e traduce desde as versións en inglés publicadas na web Bite Back! (adicada a recoller e difundir todos os comunicados e novas relativas á acción directa clandestina pola liberación animal no mundo).

Rescatado un pito en EUA

“EUA 2-3-17 Un pito (4 semanas de vida) rescatado do CAFO*. Vivindo agora nun fogar seguro, a salvo”.

  • Nota de Tradución: CAFO son as siglas en inglés para Concentrated Animal Feeding Operation (Operación de Alimentación Animal Concentrada en galego). En concreto trátase dunha cruel manobra de engorde sistemático dos animais para aumentar os beneficios obtidos unha vez asasinados ao vender a súa carne. En galego, os campos de exterminio designados para ese proceso son coñecidos como “granxas de engorde”, e reúnen características como o confinamento de animais hacinados durante toda unha sesión de engorde, en espazos reducidos cun tamaño fixo onde os animais non poden moverse, só comer, e onde normalmente non alcanza a luz solar e non existe vexetación nin vida natural máis aló do proceso, artificial por suposto, de sobrealimentación do “gando”.

——————————-

17 pitos liberados de matadoiros en Manchester, Reino Unido

“13 pitos liberados de caixóns fora dun matadoiro en Greater Manchester o 9/1/17 baixo os narices dxs traballadorxs e levados a un novo fogar.

4 pitos liberados de caixóns fora do mesmo matadoiro e levados a novos fogares o 2/2/17.”

——————————

Catro torres de caza serradas e destruidas en Horbach/Richterrich, Alemaña

“Durante a noite do 21 ao 22 de xaneiro, catro torres de caza en Horbach/Richterrich foron serradas. Segundo os informes dos medios, polo menos 30 torres de caza foron cortadas na área circundante á cidade de Aachen no últimos seis meses.”

——————————

25 pitos rescatados dunha granxa avícola no Sueste de Reino Unido (adxúntase vídeo da acción)

“Enero, 2017

25 pitos foron rescatados dunha granxa avícola no sueste de Reino Unido. Os pitos, non maiores de 40 días, soportaran 22 horas extensivas de luz ao día para maximizar o seu crecemento. A noite antes de que fosen transportados ao matadoiro, 25 compañeiros foron rescatados e levados a lugares seguros. Lemas foron pintados no interior do alpendre, rezando “VIÑERON, VIRON, LIBERARON” e “ESTIVÉMOSVOS VIXIANDO”.

Gustaríanos mostrar a nosa solidariedade con Debbie Vincent a través desta acción. Será liberada da prisión en abril de 2017.”

——————————-

Reivindicación de bloqueo a carnicería e mensaxes pola liberación animal, Santiago de Chile

Somos inimigxs da dominación, buscamos atacala, por mínima que sexa a acción, é acción e non charlatanería. Queremos ver arruinado ao poder, a autoridade e os seus símbolos e aí apuntamos, vemos dominación e cómplices en todos lados, centos de lugares onde deixar a nosa pegada de sabotaxe, amolo, vandalismo, como sexa. Un ataque contra elxs e en nome da liberación total.

Na sociedade actual vemos como as persoas sacan beneficios dos animais, vendéndoos, coméndoos, vestíndoos. Canta repulsa provócanos velxs. Non hai ningún cuestionamento, nada. A asquerosa televisión difunde a morte e comercialización sen andrómenas e axs tontxs cidadáns gozando. Odio dannos todxs.

Somos unha minoría, de seguro, orgullosa minoría que non quere permanecer no silencio e aínda que a sociedade continúe o seu curso, nós ao contraxeito avanzaremos.

Desde fai un tempo foron varias as reivindicacións que apuntaron a obxectivos do dominio por acá, estes en defensa dxs animais e da terra. Nós non nos queremos quedar atrás! Queremos deixar as nosas pegadas! Achegar na persistencia do FLA! Todxs podemos facelo! Só é cuestión de decidirse!

Hoxe xoves 19 de xaneiro desde unha posición anárquica, antiautoritaria e antiespecista reivindicamos un bloqueo a unha carnicería situada nalgún lugar da asquerosa cidade de Santiago. No lugar deixamos unhas notas con mensaxes pola liberación animal. Deste xeito xs bastardxs carniceirxs non terán dúbidas de por que non puideron abrir o seu noxento local baseado no sufrimento e a explotación.

Esta acción realizámola en complicidade coa Frente de Liberación da Terra. Compañeirxs quenes saíron a rebentar a tranquilidade da noite á mesma hora que nós realizabamos a nosa pequena acción de sabotaxe.

Finalizando este comunicado, aclaramos que nós non actuamos por misericordia, nin menos somos pro-vida, aqueles actos propios de conservadores e do cristianismo mexámolos, cagámolos e atacámolos tamén. Se defendemos a vida de animais e da terra, é porque vemos como a dominación inmiscuíuse para matar e destruír a gusto en base aos seus noxentos beneficios capitalistas e antropocentristas; aquilo preocúpanos e rexeitámolo, por iso a acción chámanos. Como dixemos anteriormente: Somos inimigxs da dominación.

POLA LIBERACIÓN ANIMAL E A ANARQUÍA
A DESTRUÍR TODAS AS GAIOLAS, O PODER E A AUTORIDADE

Frente de Liberación Animal.

——————————

Cerraduras saboteadas e pintura contra a fachada de 2 carnicerías, sur de Francia.

“Na noite do 23 de xaneiro, 2017, visitamos 2 carnicerías no Sur de Francia. Puxemos pegamento nas súas fechaduras para inflinxir dano económico e logo lanzamos un pouco de pintura negra para que así tivesen que pasar tempo limpando en lugar de vendendo cadáveres. Para facer esta acción máis educativa, deixamos unha nota:

O teu establecemento foi apuntado hoxe polo noso grupo porque participas no mercado da morte de animais. Por tanto inflinximos un castigo. Deixamos a túa xanela por esta vez. Agora todxs aquelxs que matan animais ou que viven do mercado da morte de animais deberían agardarnos. Asegurarémonos de que non durmides tranquilxs. Como non hai xustiza inflinxiremos dano económico para que así o mercado da barbarie non sexa rendible nunca máis porque non podemos permanecer ociosxs ante o maior xenocidio da historia. A resistencia está a traballar. Asegurarémonos de que non durmides tranquilxs. O asasinato de seres sentintes non ten lexitimidade ou propósito vital, e non pode ser unha elección persoal. Outras accións virán con moito máis dano e métodos máis radicais, con todo teremos coidado de non danar ou matar a animais humanos ou non-humanos porque loitamos para que a vida teña o dereito de existir e ao contrario que os nosos obxectivos nós non matamos a ninguén. Estaremos aí ata a abolición de toda explotación. E a auténtica xustiza triunfará.

ALF”

——————————-

Pintadas y vandalismo contra una tienda de “mascotas” en Okotoks, Alberta (EUA)

“O dono da tenda de mascotas Animal House en Okotoks, Alberta, dixo que pechará o negocio despois do vandalismo durante a noite do 19 de xaneiro. A terra foi o obxectivo de protestas, e houbo numerosos informes da tenda vendendo cachorros de can enfermos.”

——————————

Cartaces informativos colados sobre os escaparates de dúas peleteiras da firma Zapa en Francia.

“Na noite do 1 de febreiro, dúas tendas de roupa da marca Zapa foron sinaladas. A marca vende roupas que conteñen peles e sofre unha campaña contra o uso de peles por parte dunha asociación legalista chamada “France Sans Fourrure” (Francia sen peles). A campaña sinala a varias marcas.

Cartaces foron colados nos escaparates da tenda co logo da marca, unha foto coa cara do director executivo, sorrindo, o seu nome, o número de teléfono das oficinas e fotografías de animais asasinados polas súas peles. Anacos de cristal foron colados nos escaparates sobre os carteis para facelos máis difíciles de retirar.

——————————

Rescatados 14 coellos, unha galiña e un galo dunha granxa, provincia de Pesaro e Urbino, Italia.

“Na noite do 13 de xaneiro, a Frente de Liberación Animal rescatou a 14 coellos, unha galiña e un galo dunha granxa na provincia de Pesaro e Urbino, Italia.

Foron levados a un lugar seguro onde foron logo liberados.

Todos están agora a salvo e vivirán felizmente sen ninguén que lles faga dano.

Ata que a última gaiola estea baleira.”

——————————-

Atacada con pintura unha estatua do toureiro Enrique Ponce en Chiva, Valencia.

Na noite do 16 ao 17 de xaneiro a estatua do famoso toureiro Enrique Ponce na localidade de Chiva, en Valencia, foi cuberta con pintura rosa en spray. Deixouse escrita coa mesma pintura a palabra “ASASINO” xunto á estatua.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: