“Xornadas de pólvora e loita” · Crónica das compas de PunKostela sobre as presentacións de publicacións organizadas por Abordaxe! no CSO Escárnio e Maldizer e no CSA do Sar

Queremos agradecer de corazón ás compas de Punkostela que decidisen reseñar as nosas xornadas deste xeito (que quen isto recolle e publica, e que adoita asinar co pseudónimo do demo grego Disnomia, atopa non só moi enriquecedor senón tamén emotivo) e así  darnos voz na súa bitácora onde reflicten esa vida en Compostela que tan a miúdo nos din que non existe, ou que existe baixo terra. Pola nosa parte, agora que xa nos coñecemos, ficamos á espera de futuras colaboracións, aportacións e suxerencias que desde o voso coletivo desexedes facer. Un saúdo e, de novo, grazas polo voso esforzo e por contar connosco para o voso traballo de xeito desinteresado, por pasar polas nosas xornadas, aportar e difundir, pero sobre todo por saber recoller eses froitos das actividades.

Damos paso agora á crónica das compañeiras, titulada…

Xornadas de pólvora e loita

Benito naceu nunha barriada pobre de Pontevedra, era o séptimo irmao de 14. Non tivo a oportunidade de estudar pero aprendeu da rúa, e aos 18 anos xa era un canalla demasiado experto para ficar en terra. Enrolouse nun barco e zarpou. Non pasou moito tempo antes de que Benito liderase un motín e se fixese capitán do barco. A partires de entón, o Burla Negra. A partires de entón, un barco pirata sen patria nin lei. Benito Soto morreu na forca antes de cumprir os 25 anos tras pronunciar un ”adeus a todos, a función rematou”. Pero o sentimento de liberdade e insubmisión non morreu con el e a proba é a nosa querida revista anarkista Abordaxe!, que esta semana presentou, xunto coa distribuidora anarquista Polaris, dous novos textos, dúas novas armas de expansión cerebral masiva.palestras

Nestes tempos nosos da era da comunicación pódese caer no perigo de pensar que xa vimos todo, que xa ouvimos todo, limos sobre todo e que hai filmes para todo. Pero por sorte non é así, aínda temos moitos espazos da cabeza por encher. Aos 25 anos haberá quen pense que xa ten unha ideoloxía completamente formada e rixa ou até quen se sinta comodamente representado polas siglas dun partido político. Non é o noso caso. Pois iso é, fomos escoitar as presentacións dos textos de Abordaxe! desde a postura máis famenta de novos debates, internos e en compañía.

Desde Punkostela decidimos non meternos a relatar todo o que durante as palestras se falou, que foi moito e moi intenso, porque para iso están dispoñibles para descarga ambos os dous textos que queremos enlazar neste artigo. Pensamos que a finalidade destes textos é abrir novas portas nas cabezas de cadaquén, non se prestan ao resumo ou ás conclusións porque non son en si finalidades, senón comezos.

O que si podemos facer nós, humildes aprendedoras, é soltarvos aquí unha mensaxe de esperanza. Unha que si se pode resumir: a resistencia non morreu. É así, queridos lectores morriñentos doutras épocas, de sempre teñen nacido e nunca deixarán de nacer mentes en loita, con todos os apelidos: insurrectas, insubmisas, amotinadas. Nestas xornadas gozamos coa escena: unha decena de rapazas e arredor da mesa conversando sobre anarkía, arredismo, especismo, independencia e todo o que lles viña á cabeza. E as que chegamos tarde fomos collendo cadeiras como quenes se unen a filas, molladas e coa tempestade aínda a nos pingar na cara e a bater nas portas. O fume saíndo dos cigarros e as ideas voando por alí, libres e perigosas. 

75a28b_e2894f9490d74924a3787e4800d53c94mv2En realidade todo o mundo que quixera aprender (ou máis ben liberarse dalgúns prexuízos, que é moito máis saudable do que perder quilos) pasaría un bo anaco neste tipo de presentacións. Despois dos debates chega a hora do xantar en común e as cadeiras non deixan de mudar de sitio nunha morea de conversas rotativas. Sáltase dun tema ao seguinte por asociación de ideas ou porque si. E dá moito gusto.

Dialógase sobre o diálogo en sí mesmo, e a nosa comprensión das verbas e as etiquetas. Ao fin e ao cabo somos o que falamos, e a nosa maneira de expresarnos di moito da organización dos nosos pensamentos. Ao redor das mesas do Escarnio e da Csa do Sar sentáronse certezas e dúbidas, e ningunha delas tiña medo a falar. Unha vez expostas atopábanse con respostas, procedentes dunha ou doutra voz, pero sempre nun tono de respeto. As xuntanzas eran amigas.

Nós non temos máis nada para engadir, aparte de agradecer a nova expansión de ideas e principios que nos plantexaron desde Abordaxe. Da primeira conversa marchamos cun renovado sentimento de camaradería cos animais non humanos, con moita envexa daqueles que se atreveron a facer a diferenza e venceron, porque iso é a mellor inspiración. E da segunda levámonos a idea tan saborosa do individualismo, da liberdade para comezar de cero a vivir esta vida como cada unha queira e reconstruír unha sociedade xusta, sa e comunitaria en galego.

Sentimentalismos aparte, o que importa deste artigo son os dous libriños en cuestión e a gran labor da revista Abordaxe! ao longo dos anos. Así que imos ao miolo do asunto. Como xa dixemos, os textos falan de si mesmos moito mellor do que o poderíamos facer nós, así que seleccionamos un par de citas de cada un para deixarvos coas ganas.

1. Memorias de liberdade, da Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal. Este texto conta en primeira persoa unha das campañas de activismo máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA. A través das súas páxinas, chégase a sentir que unha forma parte da aventura daqueles valentes guerreiros.

“Este “filme” é para todo home e muller que teña chorado polo sangue da Terra, erguida en estado de shock, coa boca aberta polas feridas e a crueldade que algúns poden causar sobre a tranquilidade dos nosos irmáns os animais. Para todo aquel que algunha vez se sentiu impotente contra un inimigo cen veces maior (…) Para ti nós falamos en alto, e contámosche a historia do que un puñado de guerreiros pode facer, o que un puñado de guerreiros debe facer. Un puñado de xente coma ti.”  

  • Do texto Nin un só prisioneiro

2. Arredismo e anarquía, compilaçom de textos sobre anarquismo e libertaçom nacional. Unha visión sobre a importancia do independentismo galego na loita anarquista.

“(…) E por iso mesmo devemos imiscuir-nos nessas luitas contra a imposiçom d@s que querem um mundo gris no que tod@s cantemos, falemos e bailemos da mesma manerida e, a ser possível, ao ritmo dos seus anúncios televisivos.”  

  • Brais Zas. Publicado no ano 2005.

”O Estado é umha abstraçom, a pátria é natural”

  • Bonanno. No texto de Jakue Pascual nun artigo de colaboraçom para Barroka Garaia da!
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: