«Que delito é roubar un banco comparado con fundalo?» Publicación e audio con motivo do comezo do xuízo das compañeiras acusadas do atraco en Aachen
Con motivo do xuízo das compañeiras apresadas en Alemaña acusadas do atraco en Aachen (que tivo a súa primeira sesión o 23 de xaneiro) sacouse un monográfico titulado:
«Que delito é roubar un banco comparado con fundalo? Publicación solidaria coas compañeiras anarquistas acusadas de atracar unha sucursal bancaria en Alemaña.», que nos chegou a través do correo e que traducimos para a súa difusión por Galiza.
O monográfico fai un breve resumo sobre o caso e a situación actual das compañeiras, e conta con dous artigos máis, un sobre a historia do anarquismo expropiador e outro sobre a banca e a propiedade privada.
Para descargar a publicación:
+ Info do caso en:
https://solidaritatrebel.noblogs.org/
Tamén difundimos este interesante audio dunha palestra sobre «anarquismo e propiedade privada: historia do anarquismo expropiador.» que tivo lugar o 28 de Xaneiro no Local Anarquista Motín:
[…]«Desde esa época e ata a actualidade o anarquismo sempre utilizou a expropiación non só a bancos e non sempre por medio da forza, desde Ravachol, Durruti e Di Giavanni a Lucio Urtubia e seguindo na actualidade, é unha práctica que nos dá perspectiva histórica, para continuar loitando en contra da propiedade privada e toda autoridade.»[…]
Deixar unha resposta