[Vídeo] “Cando a psiquiatría se destrúe a sí mesma” · Sobre o debate acerca do uso de contencións mecánicas durante a mesa “Unidades de Hospitalización Breve · Os retos cotiáns dun espazo para o bo trato”

contenciones-706x1024Tiramos de La Rebelión de las Palabras (que á súa vez tira do blogue do xornal anarquista madrileño Todo Por Hacer e do blogue de antipsiquiatría e contrapsicoloxía Primera Vocal) este interesante material que amosa momentos dun debate que tivo lugar no contexto da mesa “Unidades de Hospitalización Breve · Os retos cotiáns dun espazo para o bó trato” onde reputadas psiquiatras tentaban, facendo gala do maior dos cinismos e da máis noxenta frivolidade, lavar a imaxe desas unidades. Alá foron un grupo de persoas tanto psiquiatrizadas como activas no eido da psicoloxía e psiquiatría críticas a facerlle a eses respectables torturadores de bata branca as preguntas que tanto lles doe recibir e que tanto lles custa respostar sen piruetas dialécticas e excusas hipócritas que violan toda base de deontoloxía no seu traballo.

Recomendamos ler tamén o artigo no blogue do xornal anarquista mensual Todo Por Hacer (Madrid) titulado “A psiquiatría e as correas (ou o costume de atar á xente en psiquiatría” disponible facendo click aquí (en primeiro lugar inclúese a mesma información que difundimos neste post, pero se baixades un pouco veredes o artigo ao que facemos referencia).

Nas pasadas xornadas da Asociación Madrileña de Saúde Mental, tivo lugar unha mesa chamada “Unidades de hospitalización breve. Os retos cotiáns dun espazo para o bo trato”. Nela, os relatores arroxaron luz sobre algunhas cuestións cruciais ao redor das contencións mecánicas (ese “recurso” traumático que consiste en atar a quen sofre). E fixérono eles sós, por propia iniciativa. O vídeo que vos presentamos fai unha síntese precisa de moitas delas.

Quen queira pode visionar a totalidade da charla e elaborar os seus propios xuízos e reflexións sobre as cousas que alí se dixeron. E non só iso, senón tamén acerca da propia forma en que se dixeron. O desprezo, a chulería e a prepotencia coa que algúns dos psiquiatras que sentaron naquela mesa falaron da súa profesión e da xente á que atenden compoñen un artefacto autodestructivo cuxa potencia non pode chegar a alcanzar ningunha crítica externa. Por iso non imos estendernos demasiado nesta entrada, é mellor deixarlles falar a eles.

É evidente que o sentido común naufragou baixo numerosas batas brancas. Un exercicio de dominación xamais poderá disfrazarse de “bo trato”, a linguaxe non dá tanto de si. Por tanto, o resultado só pode ser un espantapaxaros que baila ao ritmo dos estertores da disciplina que lle deu a luz. O grotesco e o terrible veñen darse a man: esta xente, de cuxa boca brotan tantos despropósitos, ten poder.

Pola nosa banda, tanto os redactores desta web como outras moitas persoas próximas, tomamos nota e comunicamos aos nosos compañeiros e amigos onde e con quen non deben levarnos cando esteamos a sufrir. Damos por feito que nos estariamos colocando nunha situación de risco.

Ponentes:

– Déborah Ortiz Sánchez. Psiquiatra. UHB Hospital Universitario Príncipe de Asturias.
– Esther Gómez Rodríguez. Psiquiatra. UHB Hospital Universitario de Getafe.
– Víctor Rivelles Sevilla. Psiquiatra. Xefe do Centro de Saúde Mental de Fuencarral.
– Ignacio García Cabeza. Psiquiatra. UHB Hospital Gregorio Marañón.

Modera: Mariano Hernández Monsalve. Psiquiatra. Xefe de Servicio de Servicios de Saúde Mental de Tetuán.

Informes citados:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: