De desastres que fan sorrir e temporais que semellan vinganzas

2017020312271280154Artigo de Disnomia para Abordaxe!

“Cidades grises, ceos escuros,
e o mar cabreado arremetendo contra os muros
que puxo o home para cubrirse
por se algún día a natura decide vingarse…”

  • Transcripción (traducida ao galego) do estribillo da canción “Naturaleza” de Liberando el Corazón.

Onte, enterabamonos de que as veciñas da vila de A Guarda espertaban cunha desagradable sorpresa. O gran dique da zona da Atalaia fora literalmente reventado polo temporal, que tamén deixou outras desfeitas na vila (coma os vidros e portas do C.S. Fuscalho; por certo, desde Abordaxe! un saúdo cheo de ánimo para as compas do Centro Social Fuscalho para que poidan reconstruir o estragado). Non é que eu atope motivo de alegría ou risa en que un temporal asole unha vila costeira chegando a ameazar a seguridade de moitas veciñas, pero non podo negar que neste feito atopo certo acougo (ademáis dunha seria preocupación). Penso, a risco de soar frívolo, que o ser humano nesta era moderna está demasiado acostumado a vivir pensando que está por enriba de todo o demáis, que a natureza é unha mera fonte de recursos á súa disposición, e non un conxunto de forzas que de cando en vez actúan de xeito imprevisible e levan por diante cantas barreiras puxera a civilización para tentar contelas.16508244_1883792391900611_2568171486095720299_n

Con todo, o que de verdade me fixo sorrir foron estas fotos, tiradas da conta de Feisbuk de “Salvemos as fragas de Catasós!”, onde podemos ver o que o temporal fixo con algunhas das torres eléctricas instaladas na serra galega do Candán. Pese a saber que a natureza non é un ente concreto e con conciencia propia senón un conxunto de individuos, seres e procesos, non podo deixar de ver isto coma unha sorte de “vinganza”, unha vinganza fermosa.

A natureza axítase e destrúe e esnaquiza aquilo que tenta sometela aos dictados da mercadoría e das máquinas do mundo capitalista industrial, as estruturas da dominación son efémeras e a guerra que a economía de mercado e a súa civilización libran contra a vida natural a cotío, incluindo moitos dos nosos propios hábitos e mesmo o propio emprego deste ordenador para elaborar esta noticia e publicala en Internet ou a enerxía eléctrica requerida para o seu funcionamento, ten clara vencedora. Só podemos retrasar o desastre, pero non evitalo.16388078_1883792321900618_4798527951563281340_n

Poderemos levantar mil torres de alta tensión, apodrecer a terra con mil verquidos, perforala ata kilómetros de profundidade creando bolsas de gas subterráneas e envelenar os acuíferos, encher o mundo de cráteres e minas a ceo aberto onde antes había bosques milenarios, e de monocultivos, gaiolas, diques, encoros, urbes expansivas, pero cando o vento sacude e o mar bate con forza, a fraxilidade das nosas estruturas e a vulnerabilidade do seu imperio fanse visibles e todo ven abaixo.

E non é máis que o principio. Que faremos cando todas estas pequenas embestidas deixen de ser pequenas e se fagan continuas, nun planeta desbocado? Decatarémonos a tempo dos nosos erros?

Que caian as torres e estruturas desta civilización mortífera.

16427321_1883792451900605_5506447924269577565_n.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: