[EUA] Comunicado do grupo de afinidade 17S, presente nas mobilizacións combativas contra o nomeamento de Donald Trump coma presidente do goberno

web1_4797597-611c5eacbc6e4c98b23c080c71901b29No post anterior de Abordaxe difundiamos un vídeo dos protestos masivos contra o nomeamento oficial de Donald Trump coma presidente electo dos EUA, o pasado 20 de xaneiro na capital, Washington D.C. Agora, vimos de recoller e traducir desde o blogue do compa de La Rebelión de las Palabras este texto (que él tirou en inglés e traduciu desde Insurrection News), escrito por un grupo de afinidade que participou naquela xornada de revolta en Washington D.C. de xeito combativo dentro do black block.

Traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

A menos dunha semana dentro da administración Trump empezamos a ver o xurdimento sorprendentemente rápido dun réxime fascista prototípico. Un indicador diso foi a rápida e brutal represión da liberdade de expresión de activistas políticxs: polo menos 200 manifestantes do 20 de xaneiro en DC están a afrontar cargos penais por disturbios con penas de ata 10 anos de prisión e multas de ata 25.000 $ nunha abrupta ruptura co precedente.

Nuns poucos días, foron asinadas ou planeadas máis ordes executivas que en toda a última década. As estatísticas dos crimes de odio aumentaron drasticamente. Moitxs de nós temos amizades e familiares que foron fixadxs como obxectivos polos grupos de odio de extrema dereita e individuxs desconectadxs. Antifascistas están a ser disparadxs por supremacistas brancxs fascistas sen recurso.

Trump é unha bomba de reloxería da diplomacia internacional agardando a contar con autoridade executiva no uso de armas nucleares. Esta é unha cuestión global. Trump apuntou especificamente ao movemento Black Lives Matter, xente musulmá e latina, culminando nunha prohibición de inmigración contra sete países que matará xente. Trump está a actuar máis rápido e de forma máis decisiva do que ninguén estaba disposto a predicir. Forzas policiais militarizadas estiveron apuntando a organizadorxs e activistas por todo o país, en Standing Rock, actuando contra a xente de cor e a xente pobre, persoas neuro-diverxentes e persoas sen teito.

Na nosa cidade, a presenza dun bloque negro ben organizado no 20-J parece ter incitado unha absurda resposta policial que incluíu o uso de gas pementa, gas lacrimóxeno, granadas aturdidoras e balas de goma. Ao final da noite, o noso pequeno grupo de afinidade medrara en número con xente que nunca viramos antes berrando o nome que decidiramos de antemán usar para atoparnos – para aquel día, eramos xs 17S.

A urxencia da nosa situación política manifestouse directamente na cohesión naturalmente xurdida do bloque enteiro. Os escudos antidisturbios e médicos ben preparadxs dxs 17S deron confianza a incontables novxs anarquistas aquel día mentres membros da marcha chamáronnos a apresurarnos á fronte para defender a todxs da violencia policial. O noso uso de escudos foi noticia nos informativos nacionais. Logo limos a xente que nunca coñeceramos e que escribiron sobre o poder da presenza do noso grupo e soubemos que tiveramos éxito na nosa meta.

Queriamos que xs anarquistas fosen coñecidxs como aquelxs que estarían a protexer ás súas comunidades fronte á violencia fascista e isto é polo que decidimos marchar; con todo, cremos en actos sostidos e dirixidos de resistencia directa. Nos días seguintes, fíxose circular en toda a cidade unha convocatoria para a acción autónoma en resposta á represión policial. Isto marcou unha transición vitalmente importante nas tácticas no movemento, con xente de todos os niveis de experiencia involucrándose en actos de resistencia independentemente, en pequenos grupos de xeito descentralizado.

Dous grupos de 50 manifestantes ou así foron nun caso parados antes de marchar con plans de ocupar unha ponte do centro da cidade; no outro caso membros do segundo grupo foron arrestados nun parque do centro con forza innecesaria por madeiros antidisturbios con porras que perseguiron e tiraron ao chan a xente que estaba a fuxir correndo. Organizadorxs altamente visibles foron apuntadxs en específico, con apupos furiosos e ruidosos aplausos dxs espectadorxs a partes iguais. Ademais, houbo dous reportes separados da policía de intentos de bloqueo das autoestradas por parte duns/has poucxs manifestantes.

Estes actos falan da nosa desesperación e resolución; Falan do feito de que son xs anarquistas quenes ven o buque cisterna do fascismo caer sobre nós no horizonte. Son xs anarquistas quenes ven isto porque é unha forma que coñecemos, xa que xs oprimidxs coñecemos a forma do látigo que nos somete. Non haberá un evento singular que signifique o xurdimento do fascismo. Pero haberá indicadores monolíticos que marquen a extensión do seu crecemento da mesma maneira que a volatilidade dunha estrutura de lume pódese predicir sobre a base da posta das chamas. E non queremos ser sorprendidxs durmindo borrachxs no ático dun edificio cuxo fundamento está en chamas, sometidxs como tantxs moderadxs na negación.

Se é o que sucede o “día despois da revolución” o que importa, daquela o 20 de xaneiro marca un cambio de actitude no movemento. As moitas accións xeneralizadas e autónomas que están a ter lugar mostran unha marcada vontade de elevar os métodos de resistencia e os riscos que estamos dispostxs a asumir. Grupos anteriormente vencellados co goberno tales como Alt National Parks, EPA, NASA e tantos outros están a saír á superficie e normalizando a resistencia nun camiño que non viramos nunca antes. Cando este tipo de comportamento ocorre en masa, empodéranos a todxs e reduce o risco colectivo, abrindo un camiño ao cambio radical sostido e xeneralizado a través da acción directa.

Estes actos descentralizados tamén falan á desesperación dalgunhxs dxs nosxs máis vulnerables compañeirxs, quenes saben que os próximos catro anos ou máis ameazarán as súas vidas, a súa saúde e a súa seguridade. Estamos con elxs e corremos riscos para empoderalxs. Hai un sentimento no aire que todxs estamos a recoller coa afiada conciencia dun animal cazado. Se usamos o noso medo, constrinxíndoo de xeito que complemente o impulso e afíe os nosos sentidos, podemos atoparnos e escondernos como guerrillas agardando na emboscada.

Podemos ser máis astutxs que elxs. Podemos aprender do xeito no que elxs usan a tecnoloxía, podemos cooptar a ciencia, e podemos usala contra elxs para crear un mundo de posibilidades ilimitadas fóra do que agora parece unha tumba. Poida que non podamos derrotalxs coa forza bruta, pero podemos derrotalxs coa nosa astucia.

Este é un chamado á acción que vai para todxs xs anarquistas no planeta Terra. Durante moito tempo marabillámonos do preto que estamos dunha destrución inminente e aínda así vivimos: estamos balanceándonos tan preto entre os riscos da proliferación nuclear e a crise ambiental. Non nos deteñamos nas tumbas que cavamos mentres a terra é amontoada sobre nós. Agora podería ser a última oportunidade para a resistencia. Como o propio Hitler dixo nun discurso de 1933, “Só un perigo podería poñer en perigo este desenvolvemento, se os nosos adversarios entendesen o seu principio, establecido un claro entendemento das nosas ideas, e… desde o primeiro día aniquilado coa maior brutalidade o núcleo do noso novo movemento”.

Prestemos atención a estas palabras e fagamos o que sempre soubemos que poderiamos cando as apostas aínda non eran o suficientemente altas: tomemos a acción individual e xurémonos a nós mesmxs o segredo para toda acción que non requira dun grupo. Formemos grupos de afinidade para a acción en grupo cxs amigxs e co-conspiradorxs máis próximxs porque sabemos que se pasarían a vida en prisión antes que delatarnos; apuntemos aos nodos sensibles da sociedade dos que xs anarquistas son tan ineludiblemente conscientes, de xeito que o fluxo do sistema sexa radicalmente redirixido cara á sociedade que queremos crear.

Estamos a chamar axs nosxs vellxs amigxs nas nosas vellas cidades e enviándolles este comunicado con encriptación PGP. Estamos a enviar esta comunicado vía correo electrónico á prensa e xs editorxs desde correos aleatorios. Estamos a contarlles axs nosxs amigxs en persoa mentres os nosos teléfonos están co sinal bloqueado. Estamos a traducir este comunicado a todos os idiomas. O futuro da vida complexa no planeta está en xogo. Se non resistimos agora, pasaremos un punto sen retorno. Estamos moi preto dese punto xa. O momento é agora. As apostas nunca serán máis altas.

En defensa do amor e a liberdade,
dxs vosxs compañeirxs anarquistas…

– 17S

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: