Chamado en vídeo a acudir a mobilizarse contra o G-20 en Hamburgo (xullo 2017)

Fai uns meses espallabamos en Abordaxe! un comunicado de compañeirxs de Alemaña chamando a realizar accións e a acudir a Hamburgo para as mobilizacións que se estarían a preparar contra a cimeira que o G-20 (o grupo formado polxs xefes de Estado dos 20 países máis imperialistas e “desenvoltos” do mundo) pretende celebrar na cidade alemá en xullo deste ano.

Agora, tiramos do blogue La Rebelión de las Palabras este video que combina o chamado (en inglés) con algunhas imaxes das guerras e barbaridades que o sistema xenocida de opresión e desigualdade que eses 20 gobernos dirixen e xestionan xunto coas súas queridas elites financieiras causa a diario, así como tamén dalgunhas das múltiples e diferentes resistencias que tanto nas metrópoles primermundistas europeas como nas súas periferias orientais xorden en resposta. Un recordatorio se cadra necesario para manter presente a raiba e non esquecer nin os motivos nin as urxencias do conflicto…

Advertisements

3 Respostas to “Chamado en vídeo a acudir a mobilizarse contra o G-20 en Hamburgo (xullo 2017)”

  1. existe esta convocatoria en español? para poder difundirla con mis amigxs. desde oaxaca mexico

    • Claro, en castellano aquí:

      https://vozcomoarma.noblogs.org/?p=14468

      En la propia entrada del post ya mencionamos que extraíamos y traducíamos la noticia desde La Rebelión de las Palabras(blog de contrainformación anarquista en castellano). Incluso en la linea de comentarios hay un pingback que te conduce a través de un enlace directamente a la noticia en castellano.

      Saúdos desde os mares revoltos

  2. […] Tiro de La Rebelión de las Palabras (que recolle e traduce desde a versión publicada en Insurrection News, traducida desde o orixinal en alemán) e publico traducido ao galego este comunicado de reivindicación de responsabilidade polo ataque incendiario contra unha comisaría da Kriminalspolizei en Berlín. A acción enmárcase na resistencia contra o 20º Congreso Policial Europeo (que se realizará entre mañá e pasado na capital alemana) e contra a cimeira que o G-20 vai realizar en Hamburgo en xullo. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: