Presentacións en Compostela de publicacións editadas colaborativamente por Abordaxe!

palestras

Esta semana (o xoves 2 e o venres 3) terán lugar no CSO Escárnio e Maldizer e no CSA do Sar respectivamente dúas palestras nas que se presentarán as publicacións en cuxa edición colaboramos. A continuación, segue o programa de actividades, convidándovos a asistir ás mesmas e participar. Tamén haberá ceador (vegano, por suposto) os dous días, e os posibles beneficios irán destinados á financiación do novo número da nosa revista (que agardamos editar pronto).
__

Xoves 2 de febreiro

20:00 · Presentación de “Memorias de Liberdade” da Western Wildlife Unit da Frente de Liberación Animal.

Algunhas persoas participantes do colectivo de “Comunicación Anarquista Abordaxe!” e da “Distribuidora Anarquista Polaris” vimos de editar por primeira vez en galego este texto que narra unha das campañas de loita pola liberación animal máis efectivas xamáis emprendidas contra a industria peleteira nos EUA.

22:00 · Ceador vegano

Lugar: CSOA Escárnio e Maldizer (R/ Algalia de Riba, 11)

__

Venres 3 de febreiro

20:00 · Presentación de “Arredismo e Anarquia – Compilaçom de textos sobre anarquismo e liberaçom nacional”.

Editada conxuntamente por “Ediçons Diaspora” e “Comunicación Anarquista Abordaxe!” trátase dunha compilación de textos escritos na última década, en torno á relación do anarquismo e as loitas de liberación nacional, e abarca tamén unha análise histórica dos posicionamentos anarquistas a prol destas loitas. Partindo desa presentación tentaremos profundar un debate sobre as ligazóns entre o anarquismo e os proxectos emancipatorios dos pobos do mundo.

22:00 · Ceador vegano

Lugar: CSA do Sar (R/ Curros Enríquez, 28)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: