Contra a tolerancia. Contra o diálogo. O fascismo cúrase sangrando… · A raíz do acontecido en Murcia

fascism_must_burnRecollemos de La Rebelión de las Palabras esta reflexión (que él recibe na súa bandexa de correo) e que asinada por “Unhxs antifascistas orgullosxs da súa intolerancia” reflexiona de xeito contundente sobre os feitos acontecidos esta pasada fin de semana en Murcia, onde unha pelexa rematou cunha malleira a unha militante neonazi coñecida por organizar e protagonizar malleiras e ataques contra persoas racializadas, LGTBIQ, etc.

Traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe.

Contra a tolerancia. Contra o diálogo. O fascismo cúrase sangrando…
A raíz do acontecido en Murcia.

Hai uns días, era viral un vídeo onde se amosaba unha malleira propinada por un grupo de 10 persoas encapuchadas, maiormente homes, a unha moza á saída dunha discoteca en Murcia. No vídeo víase á afectada pola malleira tirada no chan mentres este grupo de persoas pegaba patadas e puñadas durante un breve intre antes de dispersarse.

A primeira reacción da maioría de persoas (nós incluidxs) foi rexeitar totalmente ese acto, consideralo violencia de xénero ou, no mellor dos casos, unha condenable mostra de covardía, abuso de forza e macarrismo, totalmente excesiva e fóra de lugar. Con todo, non tardaron en chegar, por parte de fontes en Murcia, tanto antifascistas como doutras persoas que coñecen á agredida pero que non están vinculadas a movemento algún, máis e máis informacións que dicían que a agredida é unha coñecida militante neonazi, alcumada co prepotente sobrenome de “A Intocable” e que é famosa polas súas reiteradas agresións a persoas LGTBIQ, persoas racializadas, así como militantes antifascistas, agresións que ela organiza e nalgúns casos protagoniza. Tales afirmacións fóronse confirmando con distintas testemuñas, que saían ao paso das condenas iniciais.

A pesar disto, houbo persoas que continuaron condenando a agresión baixo diferentes pretextos. Houbo quen afirmou que por moito que a “vítima” fose unha fascista responsable de ataques e humillacións a persoas migrantes, racializadas ou persoas LGTBIQ, iso seguía sen xustificar unha agresión de 10 contra 1, e que ese era un acto covarde. Ben, estou de acordo, e esa actitude só nos achega á súa detestable e covarde maneira de facer as cousas, sempre en grupo e polas costas contra obxectivos que se atopan en inferioridade numérica ou van sós pola rúa (a non ser, claro, que teñan preto escuadróns de antidisturbios, que entón si que se crecen e tiran para adiante sabendo que non corren ningún perigo). Con todo, unha testemuña anónima dunha persoa en Murcia afirma que a agresión non se produciu así, senón que a neonazi golpeada encerellouse previamente con outra moza, provocando a reacción do resto de antifascistas presentes. Por tanto, o presunto carácter deliberado do 10 contra 1 entra en cuestión e xa non está tan claro.

c28lkv_xuaafufo

Testemuña con detalles sobre a agresión.

Tamén houbo quen sen entender nada da historia falou demasiado axiña de violencia machista. É posible (e probable) que exista un compoñente machista en que 10 homes cisxénero golpeen así a unha muller soa por moi nazi que sexa, pero que se debe facer se non hai outras mulleres nese momento para actuar? Lembrámosvos que segundo unha testemuña a primeira agredida por esta tía esa noite foi outra moza. Evidentemente, sería ideal que persoas LGTBIQ, persoas racializadas etc. fosen quen devolvese a esta escoria toda a raiba e dor que lles fixo sentir a elas ou ás súas compañerxs, pero tampouco podemos censurar, nin moito menos definir como “machista” unha malleira a unha das principais expoñentes do fascismo, a homofobia, a transfobia, o racismo etc. en Murcia.

Por suposto que en todo feito hai un compoñente de xénero a analizar. Vivimos nunha sociedade patriarcal, a cuxa cultura e valores misóxinos os nosos movementos desgraciadamente non son impermeables nin alleos, e neste suceso tamén habería que analizar o ocorrido coas lentes moradas e cunha perspectiva de xénero para poder sacar conclusións que nos permitan continuar deconstruindo os nosos comportamentos e aquilo que interiorizamos do Patriarcado e doutras opresións que nos atravesan. Con todo, que se deba analizar aparte o suceso (xunto con todo o demais que vemos, dicimos, facemos, pensamos diariamente) cunhc28cth-xeaanbml-290x300a perspectiva específica de xénero, non quita que a violencia contra o fascismo non só sexa unha ferramenta válida de autodefensa, senón tamén un recomendable recurso de ataque, e é máis, é o único que nos parece efectivo e lóxico se consideramos a clase de ideas ás que nos estamos enfrontando e a complicidade da que gozan grazas ao apoio tácito de xuíces, policías, e medios de comunicación. A prensa burguesa, ao dar a noticia, limitáronse a MENTIR DESCARADAMENTE dicindo que a agresión fora porque a agredida levaba unha pulseira coas cores da bandeira española. Non mencionan a tatuaxe coa runa Odal (simboloxía empregada habitualmente por neonazis) que a agredida leva nun dedo, nin tampouco o seu hobbie de mallar migrantes, homosexuais, persoas trans etc. Iso si, non tardaron en etiquetar aos agresores como “ultraesquerdistas” ou como “radicais de extrema esquerda” (sic).

Outras persoas condenaron a agresión porque din estar “contra toda a violencia”, e é a raíz destes comentarios tan desafortunados sobre os que unha vez máis cremos que hai que pronunciarse.

O feito mesmo de suxerir un debate co fascismo implica recoñecelo como interlocutor válido. Isto, á súa vez, implica toleralo, e se toleras ao fascismo, estás a PERMITIR que o fascismo continúe esmagando persoas por non ser españolas, por non ter papeis, por cruzar a “nosa” fronteira de xeito irregular fuxindo de guerras que esas persoas non buscaron nin provocaron pero que destruíron os seus países e acabaron co seu futuro, guerras que o noso goberno xunto a outras democracias da UE armaron, financiaron e causaron, rexeitando agora ás súas vítimas ás portas da fortaleza europea; estás a PERMITIR que o fascismo siga estendendo ideas baseadas na discriminación e o odio, ideas reaccionarias, totalitarias e repugnantes totalmente opostas a toda noción de liberdade, respecto ou convivencia, e que só reforzan e protexen as estruturas deste sistema xenocida e manteñen a miseria, a explotación, a desigualdade, a opresión; estás a PERMITIR que o fascismo se faga forte, que continúe medrando grazas a que os “bós cidadáns pacifistas” dedicádesvos a censurar as respostas que xorden contra el cada vez que actúa, e a tragarvos o lixo manipulado dos medios de comunicación que despolitizan e baleiran de contido as súas agresións tratándoas como simples feitos illados ou como problemas entre pandillas, ocultando o problema e dándolles voz e espazo para seguir GOLPEANDO, ACOITELANDO, ATERRORIZANDO.

Para empezar, o voso papel de “seres de luz” produce unhas náuseas incribles. A xente coma vós, impecables hipócritas, sodes a mellor garantía de supervivencia do fascismo e doutrxs opresorxs que atopan na pasividade maioritaria o perfecto hábitat para as súas ideas infectas. Parécenos moi curioso o feito de que os vosos argumentos, do tipo de “a violencia nunca é xustificable” ou “hai máis formas de loita que a violencia” NUNCA vaian acompañados de propostas prácticas realistas. Hainxs que ata din isto despois de recoñecer que os tribunais e a policía protexen ao fascismo, ou que a súa balanza esta descompensada a favor destes. Hai máis formas de combater ao fascismo que a violencia? Vale, ben, agora preguntamos… cales? denuncialos a esa “Xustiza” que deixou libres aos asasinos neonazis do seareiro deportivista Jimmy e aos neonazis de San Sebastián de los Reyes que apuñalaron e case matan a dous mozos anarquistas hai uns meses?, debater con elxs, co fascismo? cales son esas supostas “formas de combater ao fascismo aparte da violencia” ás que tanto apelades? As nosas preguntas non son retóricas, gustaríanos que algún día algún de vós nos dera a resposta, aínda que sabemos que hai máis posibilidades de derrotar ao fascismo a curto prazo que de que vós, santurróns, nos aclaredes esta dúbida. O voso non é rexeitamento a toda forma de violencia (comer carne é violencia, as actitudes machistas que seguramente teredes máis dun son violencia, votar e con iso lexitimar a este goberno xenocida é violencia, beber coca cola, un produto dunha multinacional criminal, é violencia, mercar roupa en Inditex fabricada por nenxs de 10 anos explotadxs en Bangladesh é violencia…). O voso é simple hipocrisía e escapismo. E estamos un pouco fartxs.

Parécenos moi ben que vos sintades mellor con vós mesmxs así, avaliando e censurando moralmente os actos alleos sen xogárvola vós, sempre desde o sofá, desde a distancia, analizando a realidade que vos rodea a través de titulares e instantáneas. Parécenos moi ben que vos sintades mellor crendo que así estades a dar exemplo de “tolerancia”, pero ímosvos contar un segredo, queridxs liberais:

O fascismo non é tolerable. O racismo non é tolerable. A misoxinia non é tolerable. A transfobia non é tolerable. A opresión clasista non é tolerable. O capacitismo non é tolerable. A violencia que serve para oprimir, para impoñer a túa vontade sobre outrxs, para maltratar, discriminar ou danar a outras persoas por razóns arbitrarias como a súa etnia, o seu lugar de procedencia, o seu sexo, o seu xénero ou a súa orientación sexual NON É FODIDAMENTE TOLERABLE BAIXO NINGÚN MALDITO CONCEPTO.

Non todas as ideas son respectables. Non todas as ideas son válidas. Non todas as ideas son xustificables dicindo que son “a túa opinión”. No momento no que a túa opinión tradúcese en someter ou dominar a outra persoa ou afecta ao seu benestar por un simple rasgo da súa condición humana, esa idea deixa de merecer calquera permisividade. Non é xustificable ir insultando á xente pola súa cor de pel ou por levar veo. Non é xustificable ir golpeando ou intimidando a persoas por bicarse ou amarse sendo do mesmo sexo. NON O É E PUNTO, e non hai máis nada que discutir. Se consideras que tes algo que dicir respecto disto, sorpresa! Es racista/homófobo/clasista.

Non hai opresións tolerables, hai opresións que ti NON VIVES, NON SOFRES, NON AGUANTAS, e por iso deberías calar cando alguén cho sinale ou prepararte por se unha das vítimas desa opresión decide por fin substituír a paciencia pola contundencia.

Para nós, non existe espazo algún para o diálogo nin a tolerancia. Asumimos que o fascismo é o noso inimigo e que por moito que a Democracia capitalista e a escoria socialdemócrata traten de convencernos de que todo rematou, a guerra non acabou e o fascismo recupera forzas, protexido polxs mesmxs cuxos intereses sempre apoiou máis aló das escusas e falacias panfletarias que repletan o seu noxento discurso. Non hai entendemento. Non hai paz. Non a hai nin vai habela, nin queremos que a haxa, e advertimos que nos dá exactamente igual o punto de vista de tanto “bo samaritano” porque detrás de todas esas cínicas moralinas e as súas falsas equidistancias só se agochan o conformismo, a comodidade e unha chea de privilexios que nos negamos a perdoar, a consentir e a aceptar.

Xs compañeirxs en Grecia deixárono claro cos seus incesantes ataques ao fascismo, vingando o asasinato dun compañeiro antifascista a mans de neonazis do partido Amencer Dourado axustizando eles a balazos a dous fascistas, ademais de incendiar os seus locais e sedes, e non concederlles nin un só milímetro de espazo sen que exista esa tensión e sen que se sintan ameazadxs. Deberiamos tomar exemplo. Ao fascismo nunca se lle derrotou con debates e palmadiñas nas costas, e todxs esxs demócratas que enchedes a boca con discursos que demonizan raibas alleas sodes xs mesmxs que logo lamentades tempos do franquismo e agradecedes a todas aquelas persoas que deron as súas vidas por acabar co fascismo e construír un mundo máis xusto e libre onde poder vivir sen opresores. É que seica vos pensades que esas persoas que tanto lembrades e cuxo valor tanto encomiades, combatían ao fascismo con apertas e luz celestial? Seica pensades que xs partisanxs que deron as súas vidas combatendo ao exército nazi nos territorios ocupados, que sabotearon os seus ferrocarrís, que introduciron armamento en campos de concentración permitindo o desenvolvemento de rebelións internas como a de outubro de 1944 no campo de concentración de Auschwitz, combatían ao fascismo coa palabra e a inxenuidade como únicas armas? E por favor, non nos veñades con que eran outros tempos, porque o fascismo pode, en efecto, estar debilitado, pero segue vivo, e estase rexenerando. As súas agresións aumentan, a súa impunidade tamén e as súas filas son cada vez máis grosas, aproveitándose da desesperación e a falta de referentes desta estafa chamada crise coa que a banca transnacional estáfanos e ri de nós por enésima vez. O fascismo que outrora arrasou Europa e o fascismo que hoxe en día acoitela, golpea e mata axs nosxs compañeirxs e a outras moitas persoas migrantes, LGTBIQ, etc. non son dous entes diferentes, senón dous momentos distintos dun mesmo proxecto político de dominación, que non debemos en ningún caso subestimar nin infantilizar, nin tomarnos a treo. Por iso, abonda xa de parvadas e xuízos de valor sen sentido.

Non imos estendernos máis. Se non che gusta o que les dános igual, non escribimos para caerlle ben a ninguén nin para que usedes as nosas palabras como dixestivo para verdades incómodas. Iso si, sirva a nosa conclusión de peche a modo de advertencia:

A neutralidade ante unha situación de abuso SEMPRE favorece a quen abusa e perxudica á vítima. Por tanto, se defendes a un fascista, prepárate para ser tratadx como un fascista.

Morte ao fascismo e a toda autoridade.
Porque non son invulnerables, que lembren que elxs tamén sangran!

Unhxs antifascistas orgullosxs da súa intolerancia

Advertisements

Unha resposta to “Contra a tolerancia. Contra o diálogo. O fascismo cúrase sangrando… · A raíz do acontecido en Murcia”

  1. […] uns días publicabamos en Abordaxe! un texto recibido na nosa caixa de correo co título “Contra a tolerancia. Contra o diálogo. O fascismo cúrase sangrando… A raíz do acontecido en Mur…!” e que reflexionaba acerca da malleira  (máis que merecida) que levou unha coñecida neonazi […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: