[Grecia] Texto dalgúns membros presos da CCL en solidariedade con Pola Roupa e Konstantina Athanasopoulou, presas da guerrilla urbana Loita Revolucionaria

image00256A continuación segue o comunicado dalgúns membros presos da guerrilla urbana anarquista Conspiración de Células do Lume (CCL) emitido en solidariedade coas compañeiras Pola Roupa e Konstantina Athanasopoulou despois da súa detención e da posta baixo custodia policial do seu fillo, Victor-Lambros, de 6 anos de idade.

O comunicado foi escrito antes de que a custodia do neno fose devolta á súa familia, e actualmente xs compas Nikos e Pola (pai e nai do cativo) así como a anarquista Konstantina Athanasopoulou xa non se atopan en folga de fame e sede.

Tirado de La Rebelión de las Palabras e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

Chantaxe democrática en tempos de guerra

En Grecia, o conflito armado co réxime é unha condición existente en todo o sistema de goberno. Con máis ou menos exacerbacións, grupos armados de guerrilleirxs urbanxs anarquistas ou tendencias ideolóxicas de esquerda aliñáronse contra o poder cunha determinación de aceiro. Periodicamente desátase a represión estatal coordinada contra a guerrilla urbana e movementos subversivos en xeral. (…) A culminación desta lóxica maquiavélica foron as detencións vengativas de familiares de revolucionarixs en diferentes períodos históricos, máis recentemente en 2015 coa chantaxe aos membros de CCL [tras a detención de familiares]. Pero nunca antes na historia moderna da loita armada a xestión democrática usara como reféns a nenxs (…) Isto ocorreu o cinco de xaneiro, detendo á membro de Loita Revolucioanaria Pola Roupa e Konstantina Athanasopoulos, secuestrando ao neno de seis anos de idade, fillo de Roupa e Maziotis, algo sen precedentes se cadra nos últimos 40 anos. É unha declaración clara por parte do poder de que a guerra está a cambiar de rostro, que non exercerá ningún pretexto e que será implacable contra a opción da loita armada.

Desde o primeiro momento os membros de Loita Revolucionaria Pola Roupa e Nikos Maziotis iniciaron unha folga de fame e sede co obxectivo de poñer fin ao secuestro vengativo do seu fillo de seis anos e que sexa entregado a familiares de primeiro grao. Na folga participa desde hoxe Konstantina Athanasopoulou. A realidade coa que nos enfrontamos, esta clara declaración do poder de que a guerra está a cambiar (…) é algo que debe preocupar a todo o mundo, e axs que están ao noso lado da barricada. A intensificación da represión do Estado cunha forma tan descarada e inmoral está fóra de todo o demais, e é unha imaxe do futuro que se repetirá con maior frecuencia se se deixa pasar. Un futuro que concérnenos a todxs. O secuestro dun neno de seis anos de idade, fillo de dous guerrilleirxs urbanxs, debe ser terminado inmediatamente e [hai que deixar claro] á autoridade que o secuestro de parentes de rebeldes e presxs políticxs non se tolerará de ningunha maneira. Nin agora nin nunca.

Liberación inmediata e incondicional de Lambros Victor para ir coa súa familia.

Ningún refén en mans do Estado.

Os membros da Conspiración de Núcleos de Lume ? FAI / FRI

Theofilos Mavropoulos
Damianos Bolano
Harris Hatzimichelakis
Michalis Nikolopoulos
Giorgos Nikolopoulos
Panagiotis Argyrou

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: