[Grecia] Sobre as recentes detencións de compañeiras de Loita Revolucionaria

Nova elaborada por Disnomia para Abordaxe! a partires da información atopada en La Rebelión de las Palabras (aquí e aquí).

Recentemente foi nova importante en moitos medios de contrainformación ou de difusión anarquista na rede e no papel, así como tamén nos falsimedios do poder, que unha operación policial en Grecia dera como resultado a detención de dúas mulleres anarquistas, unha das cales, Pola Roupa, levaba fugada dende o 2012 sendo unha das prófugas máis buscadas de Grecia. As dúas compañeiras foron detidas nunha vivenda da rexión de Ática e son membros recoñecidas da guerrilla urbana anarquista Loita Revolucionaria. Pola Roupa xa admitira a súa participación na organización armada no pasado, cando foi detida por primeira vez en relación a unha serie de ataques incendiarios, explosivos ou con disparos contra distintos obxectivos. A outra compañeira, Konstantina Athanasopoulou, de 25 anos, admitiu a súa pertenencia a Loita Revolucionaria despois de ser detida.

Pola Roupa, ademáis, é a compañeira sentimental de Nikos Maziotis, compañeiro anarquista tamén membro de Loita Revolucionaria que tamén fuxira con Pola pero que foi atrapado antes, despois dun tiroteo contra a policía no barrio de Monastiraki, en Atenas, no ano 2014, no que o compañeiro resultara gravemente ferido de bala pero logrou sobrevivir únicamente para continuar a loita dende o caldeiro.

No periodo entre 2014 e o día de hoxe, Pola mantívose clandestina, pero non cesou nos seus intentos de continuar coa actividade da organización, e o 21 de febreiro de 2016 secuestrou un helicóptero para tentar rescatar a Nikos Maziotis e a outres anarquistas do cárcere de Korydallos, pero o piloto decidira actuar coma un policía botando a perder a operación e chivándose logo aos madeiros. Pola logrou fuxir e reivindicou a intentona por escrito. Agora, a compañeira foi detida de novo e ingresada en prisión.

A compañeira Pola Roupa, pola súa parte, emitiu dous comunicados dende o cárcere tras a súa detención, que reproducimos traducidos ao galego a continuación.

Primeira declaración de Pola Roupa tras a súa detención, leída polo seu representante legal

Eu, Panagiota (Pola) Roupa, declaro que fun e serei ata que morra unha inimiga irredutible do sistema. Agora puxeron a un neno no medio desta guerra e castígano para vingarse de min. Eles secuestraron ao meu fillo e non sei onde está desde a nosa detención na madrugada.

Estamos en guerra, é certo. Pero os que loitan contra o meu fillo, ao non permitir que eu ou outres parentes cercanes vexámolo e ameazándoo con envialo a unha institución, é o acto máis despreciable desta guerra. Os que están no aparello do Estado son vermes porque están a loitar contra un neno de 6 anos.

E quero dicir que agora comecei unha folga de fame e sede para esixir que o neno sexa entregado á miña nai e á miña irmá.

En canto a min, seguirei sendo a súa inimiga ata que morra. E nunca cederei.

Longa vida á revolución!

Pola Roupa

Máis Palabras de Pola Roupa

(…) O responsable desta guerra contra o noso fillo é o goberno de SYRIZA-AN.O. O Ministerio de Orde Pública, o Ministerio de Xustiza, policías e fiscais. Á fronte desta guerra entrou o fiscal de menores, Nikolos, que establece a prohibición de calquera contacto co neno. Non é nada menos que o secuestro de reféns e menores (…).

Eu son unha revolucionaria e non teño que pedir perdón por nada.

Terroristas, criminais, ladróns son os que compoñen a vida económica e política. Son as institucións e os gobernos, a través dos memorandos (…) Terrorista, criminal, ladrón é o Estado e o capital. A eles combato con toda a miña alma, coa loita armada, a loita revolucionaria. (…)

Terroristas, criminais, bandidos que serven e reproducen a violencia e o terrorismo de Estado.

Cando a xente morre de fame, frío, enfermidade, cando as persoas quedan sen fogar e son arroxadas ás marxes da sociedade na que máis da metade da poboación do país vive na pobreza e a miseria, cando os ataques do réxime económico e político golpean da maneira máis desapiadada á maior parte da sociedade, a loita armada pola revolución social é un deber e unha obriga. Porque é a única esperanza. A única esperanza para a saída definitiva da crise sistémica que vivimos neste período histórico, a última forma de cada crise. É a única esperanza para reverter o capitalismo, o sistema que crea as crises. A única esperanza para derrubar ao Estado e o capital.

É a única esperanza de contraataque armado contra un sistema que esmaga á base social.

É a única esperanza para o derrocamento do Estado e o capital, a Revolución Social.

Para unha sociedade de igualdade económica e a liberdade política para todes.

Pola Roupa

Xunto ás compañeiras Pola e Konstantina atopábase o pequeno Víctor-Lambros, fillo de Nikos Maziotis e de Pola Roupa, de 6 anos de idade e que leva o nome de Lambros en memoria de Lambros Foundas, anarquista membro de Loita Revolucionaria que morreu acribillado pola policía en marzo do 2010 cando foi sorprendido polos madeiros no suburbio de Dafni, Atenas, tentando roubar un vehículo para usalo nunha acción da organización e decidiu devolver as balas. O neno de 6 anos fora secuestrado polos madeiros, que tentaron establecer arredor del un réxime de cuarentena sen precedentes, co que procuraban tanto chantaxear emocionalmente á súa nai e ao seu pai como obstaculizar que o neno fose visitado ou coidado por parentes que están fóra do cárcere. En resposta a isto, tanto o pai do neno, Nikos Maziotis, coma a súa nai, Pola Roupa, coma a compañeira Konstantina Athanasopoulou comezaron unha folga de fame e sede no cárcere, esixindo a liberdade do seu fillo e que fose entregado a aquelas persoas da súa familia que podían facerse cargo del.

Tras varios días, declarouse a fin da custodia policial do neno e Víctor-Lambros foille entregado a familiares. Nikos, Pola e Konstantina decidiron suspender a protesta. Nun periodo aínda por determinar (fálase duns meses) deberíase decidir xudicialmente a custodia final do cativo.

Polo momento non sabemos a que clase de novos cargos farán fronte as compañeiras Pola e Konstantina, pero cómpre lembrar que Pola foi condenada (en ausencia) a 11 años no xuízo que rematou o 3 de marzo de 2016 (Nikos Maziotis no mesmo xuízo foi condenado á disparatada sentencia de 129 anos de prisión).

Solidariedade con Pola Roupa, Nikos Maziotis, Konstantina Athanasopoulou e coas demáis persoas condenadas no caso de Loita Revolucionaria!
Forza para as guerrillas urbanas anarquistas que fan estoupar e arder os soños de concordia e a paz social en Grecia e no mundo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: