[Barcelona] Escrache nun evento exclusivo da Cámara de Comercio Alemá para España, en solidariedade cxs anarquistas acusadxs de atracar bancos en Alemaña

Tirado de ContraMadriz e traducido por Disnomia para Abordaxe!.

O pasado venres 12 de Xaneiro ás 19.30h, unha trintena de compañeirxs presentámonos nas portas do hotel Imperial situado en Gran Vía (Eixample Esquerra), onde se celebraba un aperitivo exclusivo da Cámara de Comercio Alemá para España. Despregamos unha faixa bloqueando a entrada, limos un comunicado e lanzamos algúns centenares de panfletos en solidariedade cxs compañeirxs acusadxs dun atraco en Aachen. Aínda que a nosa intervención durou só uns 10 minutos, puidemos amolar e insultar a algúns dxs invitadxs, que na súa totalidade eran representantes da elite económica alemá e local. Logo dispersámonos sen incidentes.

Durante a acción de protesta leuse o seguinte comunicado:

Estamos aquí con motivo da recepción de Ano Novo organizada pola Cámara de Comercio Alemá para España no marco do centenario da devandita institución. O Estado español e o alemán desde hai xa 100 anos seguen fortalecendo os vínculos económicos que lles unen e poñen en valor a súa importancia no fomento da competitividade das súas respectivas economías, así como subliña unha das súas portavoces.

E mentres que a elite financeira se pavonea entre copas de champaña de substraer durante un ano máis beneficios importantes grazas á explotación capitalista, xs nosxs compañeirxs atópanse encarceradxs por atacar a estes mesmos intereses financeiros, acusadxs de expropiar un banco en Alemaña.

Por isto estamos hoxe aquí, para amolar á gran burguesía, para lembrarlles que son elxs, xunto co seu Estado, a súa Xustiza e a súa Policía, responsables de perpetuar a miseria deste mundo.

Mentres nós e as nosas ideas sigan vivas, non ides durmir tranquilxs!

Ata que todxs sexamos libres!
Morte ao Capital e lume aos seus templos!
Viva a anarquía!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: