Arquivada provisoriamente a causa contra membros de «Títeres desde abajo»

NIN ENALTECEMENTO NIN DELITO DE ODIO
O Xulgado de Instrución número 46 de Madrid arquivou provisoriamente os cargos por delitos de odio contra A.L. e R.G., os dous titeriteiros detidos durante as pasadas festas de Entroido por representaren unha obra de monicreques en que se mostraban cartaces coa expresión “GORA ALKA-ETA” no cadro dunha montaxe policial escenificada dentro da obra.

O auto de arquivo, con data do pasado 5 de xaneiro e asinado polo xuíz José María Escribano, sinala que “non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu lugar á formación da causa”. O auto dá un prazo de cinco días para presentar alegacións ao arquivo.

Co arquivo dos cargos por delitos de odio ficaría totalmente pechada a causa contra os dous titeriteiros despois de que en setembro de 2016, o propio xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno -o mesmo que ordenou prisión preventiva para  A.L. e R.G.- arquivase os cargos por enaltecemento do terrorismo.

“Temos unha valoración moi positiva porque se arquiva a causa e non vai haber xuízo”, explica Daniel Amelang, un dos avogados da cooperativa Rede Xurídica que traballaron na defensa dos titeriteiros. “Mais cun pequeno matiz, que o arquivo é provisorio e non libre. Imos recorrer para que haxa un arquivo libre e que a xudicatura recoñeza que esta obra non era delituosa, non só que eles non cometeron delitos”, engade.

Fonte: Esculca.gal

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: