Tokata y Fuga: Motivos, condicións e posibilidades para unha loita social contra as prisións
Os compañeiros do colectivo Tokata voltan cunha nova edición de Tokata y Fuga, o seu programa radiofónico. Desta volta toman algúns trazos da loita contra o FIES para enfocar a situación actual nos cárceres do Estado español, os motivos e posibilidades da loita e a proposta colectiva que desde o verán artella un grupo de compañeiros presos. Falan tamén da XVII marcha ao cárcere de Teixeiro, convocada para o 14 de xaneiro; da situación de Mumia Abu-Jamal, en loita por un tratamento axeitado para a hepatite C que padece, e do chamado á solidariedade coas compañeiras presas en Alemaña acusadas de expropiar bancos.
Deixar unha resposta