XVII Marcha ao cárcere de Teixeiro
Infórmannos de que o vindeiro 14 de xaneiro terá lugar a Marcha ao cácere de Teixeiro (e xa van 17… chúpate esa Institucións Penitenciarias!). Deixamos aquí os datos da convocatoria:
Sábado 14 de Xaneiro:
12h da mañá Camiñada ate o cárcere de Teixeiro (saída dende a gasolinera do polígono de Teixeiro (N634 Km63)
17h Concentración contra as prisións no Obelisco da Coruña
21h Ceador e concerto de Folkólikos no C.S.O. A Insumisa da Coruña (Avd, Metrosidero fronte á porta do Cuartel de Atochas)
Estamos contra a existencia das prisións, xeito de tortura institucionalizada neste sistema político. Rexeitamos unha sociedade que as precisa e defende, procurando na opresión a solución aos problemas, pretendendo obediencia cega a normas de convivencia hipócritas e desiguais. O illamento, a tortura e o silencio ao que as persoas presas son sometidas, nunca poderá ser un xeito de reinserción, senón unha mostra máis de que vivimos nun sistema baseado na xerarquía e a desigualdade.
Así que xa sabedes, amiguiñxs antirrepresivxs, o catorce de xaneiro… todxs a Teixeiro!
Xaneiro 3, 2017 ás 2:59 am
[…] Fuente: abordaxe.wordpress.com […]
Xaneiro 19, 2017 ás 2:29 pm
[…] de Tenue presentou a súa primeira creación composta por 4 cancións, coincidindo en data coa XVII Marcha ao cárcere de Teixeiro. Deixamos aquí o seu texto de presentación e unha ligazón de acceso ao seu […]