En determinadas situacións persoas que nos rodean entran en crises de saúde mental. Deprimirse, oír voces, ter ansiedade, abusar das drogas… Estas son respostas habituais ante eventos estresantes. Pero en moitas ocasións, as persoas próximas non sabemos responder adecuadamente as necesidades que a situación expón e deixamos á persoa soa. Nesta guía danse algunhas pinceladas acerca de como comunicarse, que facer con respecto á axuda profesional, como poñer límites, como acompañar e, en definitiva, como xerar o apoio mutuo necesario para a persoa que atravesa unha crise de saúde mental.
Con Guillermo Rendueles (psiquiatra) e Francisco Javier Erro Pérez (autor).
O programa:
https://www.ivoox.com/player_ej_15568592_4_1.html?c1=ff6600
Fonte: Kuarto oscuro
Deixar unha resposta