Chamada á solidariedade!

Extraido do blog:solidaritatrebel.noblogs.org

cartell-mural

As compañeiras anarquistas acusadas de participar nunha expropiación a unha sucursal bancaria en Aachen en novembro de 2014 seguen encarceradas en Alemaña a espera do comezo de xuízo o 23 de xaneiro de 2017. A compañeira holandesa, procesada tamén por expropiacións a sucursais bancarias no mesmo territorio, atópase en liberdade a día de hoxe, aínda que a fiscalía presentou un recurso tras a súa absolución. (+ info: https://solidaritatrebel.noblogs.org/informacio-sobre-o-cas/)

Desde Solidaritat Rebel queremos que sintan a solidariedade traspasar fronteiras, barrotes e muros, e enviarlles toda a nosa forza e complicidade.

Propoñemos desenmascarar e sinalar tres actores importantes no secuestro das nosas compañeiras.

1— A acusación: Pax Bank e os seus socios.

As sucursais bancarias onde se perpretaron as expropiacións pertencen ás entidades Pax Bank e Aachener Bank. O Pax Bank é un banco ligado, desde que a fundaron sacerdotes en Colonia na Primeira Guerra Mundial, á Igrexa católica e recentemente vinculada ao mercado de armas. Mentres predican humildade, ética e moral, énchense os petos vendendo armas en guerras polas que logo piden oracións. Unha mostra máis da alianza indisoluble entre Igrexa e Capital.

2­— Os cómplices e servos do Estado: colaboración entre Estados e os seus corpos policiais

Desde a KriminalPolizei e a Oficina Estatal de Investigación Criminal (LKA) de Alemaña saíron ordes de recompilación de información cara ás policías doutros Estados: por exemplo, foron os Mossos de Esquadra quen recompilou datos para a identificación e localización das nosas amigas. Máis aló diso, a Europol emitiu a orde de procura e captura que concluíu coa extradición a prisións alemás das nosas amigas (traídas desde Bulgaria e Karcelona). As fronteiras, unha vez máis, son só reais para as pobres, as rebeldes, as migrantes…; nunca para o rico, as forzas represivas ou para o capital.

3— Tecnoloxía de control social e represión: novas (e non tan novas) técnicas

Unha das probas fundamentais para a acusación foi a mostra de ADN recollida polos Mossos de Esquadra sen coñecemento das acusadas. Outra das probas foi o estudo biométrico extraído das imaxes gravadas desde as cámaras das sucursais e os seus arredores: forma da cabeza, da mandíbula, de camiñar… Toda esa información extraída das gravacións que acumulan día tras día cando paseamos polas nosas videovixiadas rúas.

Todo isto sen deixar de lado o noso odio e rexeitamento aos cárceres como centros de castigo á disidencia, o noso odio aos medios de comunicación como xeradores de realidade en complicidade co Poder, Poder que se personifica en partidos políticos, bancos, prensa burguesa, Igrexa e demais aliados do Estado e o Capital. Continuar a loita é a mellor maneira de non permitir que creben as nosas ideas nin as nosas prácticas rebeldes, a pesar de cada golpe represivo.

Non caeremos nos seus xogos de inocente ou culpable, non nos importa. Non son vítimas, son loitadoras, e en días como o próximo 23 de xaneiro cando empeza o xuízo, reafirmámonos unha vez máis, rexeitando esas categorías e tecendo lazos de solidariedade e rebeldía. Por iso, animamos a todas a solidarizarse con elas o sábado 21 de xaneiro nas rúas dos vosos pobos, barrios, cidades ou aldeas para que se visibilice o caso que ten ás nosas compañeiras secuestradas. (+material:https://solidaritatrebel.noblogs.org/material-de-difusio/)

Manteremos o blogue actualizado coa información que vaiamos obtendo dos inimigos das nosas compañeiras que tamén son os nosos.

As ANARQUISTAS PRESAS EN ALEMAÑA NON ESTÁN SOAS.

QUERÉMOLAS LIBRES.

QUERÉMOLAS PRETO.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: