[Francia] Encarcerado de novo o compañeiro Damien Camelio, desta volta acusado de participar nos disturbios do 14 de abril

O compa Damien Camelio, quen xa estivera no cárcere despois de ser condenado a 2 anos en 2014 ao asumir con coherencia a súa participación en varias accións de sabotaxe reivindicadas baixo as siglas GADI, volveu ser encarcerado recentemente, acusado de ter participado nos disturbios nocturnos do pasado 14 de abril en París (a crónica daquela manifestación e noite de revolta, asinada por “Namorados e namoradas do desorden” pódese ler en castelán premendo aquí).

Polo momento non hai moita información máis alá de que o compa atópase en prisión preventiva, pero deixámosvos cunha carta de seu que recollimos do blogue do compa de La Rebelión de las Palabras, que recibiuna traducida por e-mail.

Traducida ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

CARTA DE DAMIEN DESDE O CÁRCERE DE FLEURY MÉROGIS

Escríbovos desde Fleury onde estou encarcerado en prisión preventiva. Sendo os cargos como de costume aburridos e carentes de fantasía prefiro, para que @s compañeir@s teñan un punto de vista claro e realista dos feitos de que se me acusa, propoñer a (re)lectura do relato daquela fermosa noite dunha primavera de revolta escrito por namoradas e namorados da desorde:

“Relato do 14 de abril: cando se contén demasiado a rabia, termina por estalar tal como debe ser”

Non teño ningunha gana de queixarme, así que non relatarei con detalle unha detención idéntica a todas as que teñen lugar todos os días aquí e en todo o mundo. Paréceme con todo necesario expresarme sobre algúns puntos precisos.

Durante o rexistro os policías atoparon material de propaganda anarquista, é dicir, xornais, folletos, carteis e panfletos, así como algúns textos que estaban a ser traducidos. Negueime a asinar o papel do rexistro, así como o da miña posta en custodia.

Unha vez trasladado en París á comisaría do 19 non puiden contactar co meu avogado. Negueime a ser representado por outro avogado, polo que fun interrogado sen a presenza dun avogado. Decidín esta opción porque a miña declaración aos polizontes resúmese nunha soa liña: “Non son inocente nin culpable. Son anarquista. Non teño máis nada que dicirche”. Ao non facer ningunha declaración non podo saber, no momento actual, o que hai no expediente do xuízo. Os esbirros do poder só me comunicaron que teñen oito mostras de ADN correspondentes ao meu perfil xenético e sei, por velo, que o expediente da investigación é un ladrillo de 6 ou 7 cms de espesor.

Agardo que o meu avogado poida ter acceso ao expediente e veña a visitarme no cárcere para obter máis información. De todos os xeitos, xa expresei o desexo de que todo o procedemento e as miñas declaracións estean a disposición de compañeir@s para que poidan usalo como mellor parézalles sen dereitos de autor, sen propiedade e sen a censura da oficina política de calquera partido, aínda que sexa imaxinario.

Despois de pasar unha noite nas celas de presentación do tribunal de París – unha especie de mazmorra medieval onde os policías satisfán as súas paixóns sádicas -, fun presentado na varanda para comparecer inmediatamente. O meu avogado non estaba presente, pedín un designado polo tribunal no último minuto para obter un adiamento da audiencia.

A fiscal, como de costume, comezou a bramar gran cantidade de estupideces facendo grandes xestos cun ton confiado. Afirmando, por exemplo, que o certificado de aloxamento feito por un compañeiro […] presente na sala, era inadmisible porque cometeu un erro gramatical na escritura… Continuou, moi segura de si mesma, admitindo que sen dúbida todas as opinións son respectables, incluso a anarquía, pero que iso non xustifica os feitos que se me imputan.

Hai que admitir en todo caso que, se os pallasos de toga negra non decidisen a vida dos demais, faríannos rir a gargalladas! Pero ata que os tribunais sexan destruídos e os maxistrados sexan devoltos ao lugar que lles corresponde, o circo, non podemos deixar que digan todas as bobadas que se lles pasan pola cabeza. Sexan cales sexan as alegacións extravagantes da señora fiscal da república, a anarquía non é unha opinión, a anarquía é un conxunto de ideas coherentes cun conxunto de prácticas.

Dado que os feitos que se me imputan realizáronse dentro dun movemento social que non foi único, quero aclarar que rexeito a solidariedade humanitaria dos sindicatos ou de calquera estrutura pacifista e/ou ciudadanista, que xogan o papel de correa de transmisión do poder. O meu único desexo é a complicidade dos individuos insurrectos que conspiran na sombra, en duelo a morte (ai ferri corti) co existente e co poder.

Grazas á compañeira presente na miña detención pola dignidade que mostrou fronte aos soldadiños da orde e grazas ao conxunto de compañeir@s que reaccionaron con tanta rapidez. O seu apoio no tribunal quentoume o corazón e deu unha gran cantidade de forza. Non vos preocupedes demasiado por min. A prisión é un universo cuxos códigos coñezo perfectamente por pasar alí varios anos e sen dúbida atoparei, entre os indesexables dos que formo parte, algunhas complicidades ricas en perspectivas.

Porque a resignación nunca será unha opción, porque en cada acto individual de rebelión reside toda a violencia das relacións sociais, porque quédanos unha multitude de historias por escribir, a través do tiempo e do espazo, a través das cidades grises, dentro e fora…

… a loita continúa

14 decembro 2016

Para escribirlle ao compañeiro:

Damien Camélio
n° d’écrou 432888
MAH de Fleury-Mérogis (Bâtiment D5)
7, avenue des Peupliers
91705 – Sainte-Génevieve-des-Bois
Estado francés, Mundo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: