[Chile] Anarquistas queiman autobús do TranSantiago

Tiramos de La Rebelión de las Palabras (que recibe na súa caixa de correo) e espallamos este comunicado asinado como “Circulo Iconoclasta Michelle Angiolillo – Nucleos Antagónicos da Nova Guerrilla Urbana” e que asume a responsabilidade polo artefacto que queimou un autobús do TranSantiago na cidade de Santiago de Chile. Este ataque adícase á memoria de compañeirxs caídxs e tamén á solidariedade con compas presxs.

Tirado de La Rebelión de las Palabras e traducido ao galego por Disnomia para Abordaxe!.

Tal como advertímos… Regresamos

Mediante o presente texto adxudicámonos a destrución total da maquinaria do percorrido 230 do Transantiago na comuna de Ponte Alta o día de hoxe (26/12/2016) a iso das 11:30 por medio dun enxeño artesanal de carácter incendiario.

Xa o tentaramos o pasado 18 de Agosto cun dispositivo no percorrido 110 da comuna de Maipú, resultando a acción incerta. Nesta ocasión sacamos as nosas leccións e modificamos algúns detalles operativos para ter plena certeza de que a nosa pequena sabotaxe foi totalmente exitoso.

Así, inutilizamos un pequeno elo do fluxo mercantil que mobiliza maioritariamente a oprimidxs para desacelerar a sinistra engrenaxe de produción social e facer perder, por pequenamente que sexa, a plusvalía que lle xera a empresarixs, xefes e mandamases da mais diversa fauna, o atraso temporal e obrigatorio de explotadxs para alimentar as súas riquezas a través do traballo asalariado e o consumo frenético que se presentan nestas datas.

Deixamos claras as nosas posicións, nos nosos obxectivos nunca estiveron nin xs pobres nin marxinais tanto do campo como da cidade. Proba diso é que escollemos un percorrido practicamente baleiro, pero que se alistaba a chegar ao seu termo para reincorporarse rapidamente no fluxo de explotación, consumo e miseria co que colabora o medio de locomoción colectiva. Ademais, o noso artefacto estaba deseñado para que, no caso de que aínda houbesen pasaxeirxs no seu interior, xerase o suficiente ruído para advertir o inevitable -o noso incendio intencionado-. Ademais destas medidas, deseñamos o noso plan para levalo a cabo só no caso de que efectivamente non houbese ninguén preto do punto de deflagración inicial, xa que de ser contraria esta situación, simplemente non o teríamos feito.

Así as cousas, non temos reparo en dicilo, golpeamos certeiramente os petos de quen non coñecen a precariedade dunha vida economicamente difícil, ao bloquear o fluxo que representa o Capital a través deste pequeno pero eficaz sabotaxe e así lembrar que neste mes, non todo é diñeiro e consumismo, polo que aínda existen moitos motivos para loitar.

Dedicamos esta acción axs compañeirxs Juan Flores Riquelme, Nataly Casanova Muñoz e Enrique Guzmán Amadeo, presxs por diversas colocacións de artefactos explosivos, quen arrisca altísimas condenas. Sabotear o fluxo de mercadoría da zona sur é, en certa medida, unha chiscadela de solidariedade cxs compañeirxs, quen vivían en proximidades da comuna na que operamos.

Con este xesto queremos volver saudar aos ingobernables compañeiros Freddy Fuentevilla Saa, Marcelo Villarroel Sepúlveda e a Juan Aliste Vega, todos eles presos no Cárcere de Alta Seguridade tras o mediático Caso Security. Tamén enviamos un abrazo fraterno a Ignacio Muñoz Delgado, Kevin Garrido e Joaquín Garcia, cativos da Guerra Social por alimentar a ofensiva revolucionaria en Chile.

Mención aparte facemos para saudar a Natalia Collado (Tato) quen se atopa prisioneira por realizar unha sabotaxe similar ao noso fai xa case 2 anos atrás. Compañeira, as túas conviccións alimentan os soños insurrectos!

Tamén queremos aproveitar esta pequena tribuna para lembrar que nun pasado non tan afastado houberon compañeirxs que foron moito mais alá e non se limitaron con sabotear o fluxo mercantil, senón que o recuperaron, expropiándolles parte do diñeiro co que nos rouban a vida patróns e xefes do Estado/Capital. Así, nun exercicio de memoria combativa, traemos ao presente a Sergio Valdés, Ignacio Escobar Díaz e a Enrique Torres, compañeirxs lautarinxs que faleceron mentres cubrían a retirada das súas escuadras tras un asalto a un banco Santander un 18 de Decembro de 1991 na cidade de Coquimbo.

Pero non só os compañeiros de aparellos político-militares xeraban este tipo de prácticas, así, en afinidade ás nosas ideas, non esquecemos ao anarquista Claudio Lavazza, quen se atopa cumprindo unha dura condena tras asaltar un destes centros de acumulación de riquezas, paradoxalmente, tamén un 18 de Decembro, pero do ano 1996 en España.

Xunto con isto, non podemos deixar pasar esta ocasión para lembrar a un irmán noso, quen fose membro activo deste grupo e quen caese morto a mañá do 11 deste mesmo mes pero hai xa 3 anos atrás, baixo lume cruzado nun intento de expropiación bancaria na comuna de Pudahuel. Seguramente Sebastián Oversluij teríanos acompañado nesta nova xornada de conspiración se non o asasinase un sicario do Capital. Parte destas chamas insurrecionais van na túa honra, facendo deste pequeno xesto un saúdo de liberdade á túa memoria.

Con Persistencia, Memoria, Solidariedade e Subversión, continuamos a Guerra contra o Poder!
Tanto onte como hoxe, seguen existindo motivos para loitar!
A estender o odio antipatronal!
Mentres exista Miseria haberá Rebelión!
Sebastián Oversluij Presente!

Circulo Iconoclasta Michelle Angiolillo
Nucleos Antagonicos da Nova Guerrilla Urbana

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: