[Grecia] Conspiración de Células do Lume: “Para Sebastián. Desde o rexeitamento do traballo… ao rexeitamento da autoridade”

A continuación un comunicado de compas da Conspiración de Células do Lume presas na Grecia na memoria do compañeiro Sebastián Oversluij, morto fai 3 anos, o 11 de decembro de 2013, cando foi abatido a tiros por un garda de seguridade no transcurso dun intento de expropiar a sucursal de Banco Estado na comuna de Pudahuel, en Santiago de Chile.

Tirado de La Rebelión de las Palabras e traducido por Disnomia para Abordaxe.

A verdadeira morte é o esquecemento…

O 11 de decembro de 2013 produciuse un roubo nun banco da comuna de Pudahuel [en Chile]. Cando o anarquista Sebastian Oversluij entrou no banco anunciando o roubo, recibiu as balas do garda armado do banco, defensor dos ricos e autoritarios. Sebastian caeu morto despois de baleirar a súa metralladora…

Pero cada día hai mortes sen mortos. Mortes que se repiten todos os días… por mor das alarmas do reloxo na mañá para non chegar tarde ao traballo, por mor dos traxectos tristes entre a multitude solitaria que vai ás oficinas, fábricas, tendas, por mor dos berros do xefe que quere máis de ti e máis axiña, por mor dos movementos mecánicos durante o traballo que mata a creatividade, por mor da cortesía finxida, do humillante salario como recompensa pola vida que che roubaron. Unha vida que se mide en función do diñeiro.

Cando roubamos un banco, non roubamos o diñeiro, recuperamos a vida que nos roubaron. Pero un roubo pode ser un traballo adictivo tamén. Un traballo como o de todos os demais, coa única diferenza de que o “salario” non está seguro e en caso de accidente laboral, o cárcere ou a morte espérache. A miúdo os ladróns non son diferentes dxs traballadorxs asalariadxs, só traballan menos en condicións de alto risco, pero comparten o mesmo molde mental, o dun consumidor que endiosa o diñeiro, que admira o poder dos ricos, e o seu automóbil, a súa roupa, o seu reloxo son a prolongación de si mesmo.

Sebastian Oversluij non foi un ladrón. Foi un anarquista. Negábase a ser un escravo nos bloques dos patróns. Foi un negador do traballo porque rexeitaba a moralidade do traballo, a moral dun escravo que pensa como un consumidor. Un roubo non é en si mesmo unha acción revolucionaria. Pero é un medio da loita anarquista polo cal recuperamos dos patróns o tempo roubado e organizámolo agresivamente contra eles, planificando accións anarquistas, axudando a compañeirxs en cativerio, fortalecendo iniciativas editoriais e creando infraestrutura armada para o ataque contra o dominio.

Pertencemos á xeración á que pertence Sebastian. Unha xeración que non ten idade nin nacionalidade. É a xeración dxs impacientes, xs irredutibles e xs soñadorxs.

Non necesitamos heroes, queremos compañeirxs que prendan lume coas súas ideas.

Cando mantemos vivo na nosa memoria a Sebastián e a todxs xs compañeirxs que caeron no campo de batalla, mantemos viva a loita. Unha loita contra o dominio. E sabemos que o cárcere ou a morte son a miúdo o custo.

Pero como alguén dixo, “cinco paxaros comezaron a viaxe cara ao sur. Só un chegou, pero o que a súa viaxe por certo quería dicir foi que valeu a pena tentar voar…”

CCL

Giorgios Polidoros
Christos Tsakalos
Gerasimos Tsakalos
Olga Iconomidou

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: