Post tirado e traducido de La Rebelión de las Palabras.
Recentemente pillei unha copia deste fanzine a unha distri dun compañeiro. O fanzine, editado por unha autora anónima á que desde xa quixese agradecer o seu esforzo, traballo e palabras, contén algunhas reflexións, consellos e apuntamentos ao redor dos coidados e os procesos que incumben á nosa maneira de relacionarnos e tratarnos tanto con nós mesmes como, sobre todo, con otres.
A lectura pareceume non só moi necesaria (creo que nunca reflexionamos o suficiente sobre estes temas, sempre relegados tristemente a un segundo plano, invisibilizados ou ignorados ata que é tarde e facemos dano a alguén) senón tamén moi conmovedora. Sentinme desgraciadamente identificado con algunhas das condutas e maneiras de actuar que se critican e a min polo menos serviume para reflexionar e darlle voltas. Esperando que teña a mesma utilidade para vós, que vos conmova e axude a mellorar e a construír relacións máis sas e coidadosas, déixovolo a continuación para a súa descarga en PDF.
Para descargar ou ler online o fanzine, click aquí.
Deixar unha resposta