Reducida a 4 anos e medio de prisión a sentencia contra xs compañeirxs anarquistas Francisco Solar e Mónica Caballero

monicayfrancisco

O pasado 19 de Outubro tivo lugar a vista sobre o recurso á sentenza de 12 anos que condenaba aos anarquistas Francisco Solar e Mónica Caballero pola explosión na Basílica do Pilar en outubro de 2013. O argumento da defensa baseábase en varios puntos, destacando os seguintes:

  • Falta de imparcialidade do tribunal que os xulgou.
  • Falta de probas categóricas.
  • Rebaixar a figura penal de «danos terroristas», ao non resultar afectados bens artísticos, nin culturais, nin históricos.
  • Cambiar a acusación de «lesións terroristas», xa que en todo caso debería considerarse como unha «falta».
  • Desproporcionalidade das condenas que recibiron en primeira instancia.

Hoxe, 16 de Decembro de 2016, fíxose pública a resolución do Tribunal Supremo que acurta a sentenza dos nosos compañeiros a 4 anos e medio de prisión para cada un, ademais de 143.317 euros en calidade de indemnización polos danos causados. Tendo en conta que xa cumpriron tres anos de prisión, quedaría por cumprir un ano e medio máis nas gaiolas do Estado. Pero cabe a posibilidade que ao ser estranxeiros poidan ser expulsados a territorio chileno, quedando en liberdade antes de que se cumpra ese prazo, ao ser a súa condena inferior a 6 anos.

A nosa alegría é inmensa pero non completa, pois xa son tres longos anos os que permanecen nas garras do inimigo sen poder abrazarlles. Ata o momento de verlles de novo nas rúas e despois diso tamén, seguiremos loitando contra o peche, o Estado e a dominación, xa que é tan grande o amor aos nosos compañeiros como o odio a quen os encerra.

Morte ao Estado e Viva a Anarquía!
Querémoslles libres! A todxs!

Fonte: contrainfo.espiv

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: