[Alemaña] A fiscalía de Aachen recurre a sentencia absolutoria da compañeira de Amsterdam acusada dunha expropiación bancaria

Difundiamos no post anterior de Abordaxe a boa nova de que a compañeira de Ámsterdam presa na Alemaña acusada de ter participado nunha expropiación bancaria en Aachen fai uns anos ficou finalmente absolvida das acusacións, e atópase xa na rúa acompañada polos seus seres queridos. Agora, con todo, vimos de saber polo blogue dxs compas de Solidaritat Rebel que, como era de esperar, a fiscalía de Aachen ao cargo do caso decidiu presentar un recurso contra a sentencia absolutoria que podería derivar na anulación da mesma e nun novo resultado moito menos favorable á sorte da nosa compañeira. A continuación deixo, tras traducila, máis información ao respecto.

“Culpables” ou “inocentes” estamos con elas!

Información tirada de Solidaritat Rebel e traducida ao galego para Abordaxe por Disnomia.

O pasado 8 de decembro o Tribunal absolveu á compañeira de Amsterdam acusada de atracar un banco en 2013 na cidade alemá de Aachen.

Unhas 60 persoas estaban presentes no xuízo para mostrar o seu apoio. O xuíz rexeitou as torpes argumentacións da Fiscalía, que infructuosamente tentou demostrar a presenza da compañeira no banco aquela mañá de hai máis de 3 anos.

Con todo, a Fiscalía xa anunciou a súa intención de presentar un recurso no Tribunal de apelación. Isto significa que agora un xuíz revisará o caso para ver se houbo algún erro de forma ou incoherencia no procedemento que levou ao xulgado para emitir esta sentenza. No caso de que se atope algún erro, o xuízo deberá ser repetido no tribunal de Aachen, pero cun xuíz diferente. Se o recurso fracasa, estes cargos e este proceso xudicial quedará pechado.

Con todo, aínda hai dúas compañeiras en prisión preventiva á espera de xuízo baixo os cargos de atracar un banco no ano 2014. O seu xuízo comezará o 23 de xaneiro.

Enviamos toda a nosa forza e coraxe ás compañeiras encarceradas, que sintan a solidariedade traspasar os barrotes de ferro e os muros de cemento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: