[PDF] Sae á rúa “Cabo de guía: Consejos prácticos para afrontar la represión”
A elaboración desta guía xorde á calor da chamada Operación Piñata, operación policial contra a contorna anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos para poder afrontar as consecuencias dunha operación antiterrorista da mellor maneira posible. Nace da suma de experiencias vividas por compañeiros e compañeiras que sufriron dita operación de forma moi próxima. A nosa intención é facilitar o camiño a quen lamentablemente lle toque transitalo. Non pode tomarse como un dogma, manual ou protocolo, se non como unha achega colectiva duns casos concretos sen esquecer que cada caso pode ser distinto e que a información exposta na guía debe ser revisada e actualizada periodicamente.
Esperamos que poida servirche de axuda, que poidas afrontar esta situación con enteireza e que sigas loitando pola liberdade.
Podes ler e descargar a guía aquí: https://cabodeguia.noblogs.org
Decembro 7, 2016 ás 10:37 am
[…] graças á estupenda laboura informativa das minhas compas e amigas da Revista Anarquista “Abordaxe” que tivem conhecemento desta moi particular Guia (escrita em castelám) com nome marinheiro, […]