“Un tiempo de mala fe”, blog en castelán adicado ao pensamento de Nicola Chiaromonte

Info tirada de Lapsus Distribuidora Alternativa

nicolachiaromonteblog.wordpress.com

Nicola Chiaromonte escritor e  filósofo crítico coas revoltas da mocidade estudantil estadounidense, italiana ou parisina. Utópico e libertario. Individualista e solitario. O «derradeiro mestre secreto do século XX», en palabras do historiador da arte Maurice Nadeau. Inimigo dos dous grandes movementos da súa época: o totalitarismo político e o totalitarismo da máquina. Rexeitou a idea de Historia —con h maiúscula— e a confusión entre progreso humano e progreso técnico. Durante toda a  súa vida loitou por denunciar a moral da súa época, que él definira como o tempo da mala fe, e en consecuencia tratou de erixir unha ética que se lle opuxese, baseada na idea de límite.

Desde Ediciones El Salmón & Revista Cul de Sac, como paso previo á publicación dos seus libros e ensaios, lanzan a páxina web “Un tiempo de mala fe”, coa intención de dar a coñecer aos poucos as súas ideas a través de citas das súas obras e de artigos breves, así como distintas análises que amigos, escritores e académicos escribiron sobre el.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: