[Pontevedra] Atacan con pintura o monumento da Constitución española, na véspera do Día da Constitución
Segundo soubemos por informantes anónimas, na noite de onte o monumento á Constitución española ubicado na zona de Campolongo na cidade de Pontevedra foi vandalizado con pintura vermella por activistas anónimas. Este acto coincide co aniversario, un ano máis, da Constitución de 1978.
As informantes acompañaban a mensaxe dunha fotografía que nós tamén adxuntamos. O acto non foi reivindicado.
Deixar unha resposta