[Alemaña] Dous compañeiros do estado español encarcerados na prisión de Colonia

hambach

Durante o dia de onte, 30 de novembro, foron detidas no bosque de Hambach 8 persoas. Entre elas, 2 compañeiras do Estado Español. Todas as persoas foron liberadas onte pola noite, salvo estes dous compañeiros, que hoxe foron trasladados a Colonia a prision preventiva. Os nomes cos que se facían chamar no bosque eran Siao e Hodey, aínda que no Estado Español lles coñeciamos por outros nomes.

Os últimos días vivimos no bosque de Hambach unha escalada de tensión, desde que o 17 de novembro tivo lugar un corte da estrada no camiño que leva á mina, cunha barricada que ardeu, algúns enfrontamentos con pedras coa empresa de seguridade e a «instalación» dun falso artefacto explosivo que atrasou a desmantelación da barricada e a talla varias horas. Desde entón, varios días os coches de seguridade, policía e traballadores foron apedreados na entrada ou saída da xornada laboral; o pasado sabado arderon tres estacións eléctricas da mina e unha escavadora; hai dous días varias persoas botaron a decenas de policías e seguratas do bosque na zona onde se atopa a Deathtrap, saíndo despois á estrada para facer unha barricada. Cando isto sucedía dous policías saíron da furgona para dispersar á xente e un penetrouse no bosque correndo tralas compañeiras, no que se tropezou e recibiu varios golpes antes de saír correndo asustado e recibir reforzos. Tras isto viviuse un longo intre de tensión cun gran número de policías que terminaron índose ao final da xornada. O último convoi de coches que saía da mina ese día tamén recibiu algunhas pedradas da xente que alí se atopaba. E finalmente onte outro ataque a un coche de seguridade na estrada provocou que o seu condutor perdese o control do vehiculo e sufrisen un accidente. Pouco despois, decenas de furgóns da policía chegaron ao bosque, rodeando o campamento e o bosque, para evitar que as persoas que estaban dentro do mesmo puidesen saír. Entón comezou unha caza na cal 5 persoas foron detidas. Unha máis foi detida dentro dunha das casas que se atopan dentro do bosque e dous máis dentro dunha casa árbore, Deathtrap. Son estas dúas últimas as que hoxe están en prisión preventiva.

A Siao e Hodey acúsaselles de atacar á policía e de utilizar explosivos, e é por isto que lles manteñen secuestrados no cárcere de Colonia. Irase transmitindo toda a información nova que teñamos e pasaremos as direccións para escribirlles en canto as saibamos.

Solidariedade e loita!

Fonte: es.contrainfo.espiv.net

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: