[Actualización/Alemaña] Hodei e Siao , encarceradas pola súa loita en Hambacher forst

15241900_10207790419947045_7089070959521405902_n

Desde o 1 de Decembro dúas activistas máis do bosque de Hambach están en prisión.

Segundo a policía, ambas persoas estiveran nunha cása árbore preto da entrada do bosque cando un foguete foi lanzado cara aos axentes de policía. Ninguén resultou ferido. Están acusades de provocar unha explosión e un ataque de gravidade. A prisión preventiva está xustificada por risco de fuga, pois ambas persoas teñen o seu lugar de residencia fóra de Alemaña.

O xoves ningunha delas tiña o seu arraigo en Kerpen e foi entón cando foron levadas á prisión de mulleres en Colonia Ossendorf.

Apoio

Escribide cartas! Se consciente de que cada carta é controlada polas autoridades. Hodei e Siao falan castelán e inglés. Engade selos, fotos, imaxes, follas, adhesivos, purpurinas e outras cousas que poidan traer un sorriso á cara as nosas compañeiras e fagan enfadar ao censor.

Dirección:

SSK z.H. ABC Hodei/Siao
Salierring 37
50677 Köln
Germany

Visitádeas! Para as visitas dentro da prisión necesítase o permiso dun xuíz. Tarda ao rededor de dúas semanas ata que a primeira visita sexa posible. Se queres visitalas, por favor contacta coa CNA (Cruz Negra Anarquista). As visitas fóra da prisión non necesitan un persmiso, polo que berros, megáfonos e calquera outra cousa, pode levar a todas as presas a non sentirse sóas.

Feixe de accións solidarias! Organiza manifestacións ou accións contra os cárceres, alá onde esteas. Se parte do «Calendario de advento» do «Tratado contra o lignito» e apoia a loita de Hambach Forest.

Colleita de doazóns! As presas necesitan diñeiro para comprar tabaco e comida vegana.

E por último pero non menos importante:

Que a loita continúe!

RESPECT EXISTANCE OR RESPECT RESISTANCE

Fonte: http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/507884/index.php

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: