[Barcelona] Os Mossos volven desaloxar o Banc Expropiat despois de cinco horas de reokupación

photo17907243826654091_0.jpg

Os axentes sacaron do inmoble a dezaoito persoas, que foron identificadas e deixadas en liberdade con cargos acusadas dun delito de usurpación. Operarios tapiaron e volveron a soldar as planchas de ferro.

Fonte: directa.cat

Desde as 12:00h do mediodía, máis dun centenar de manifestantes reuníronse ante o local que ocupaba o Banc Expropiat de Gràcia (en Barcelona), cando foi desaloxado o pasado mes de Maio. Algunhas das concentradas retiraron mediante serras radiais e martelos as dúas capas de planchas de ferro e algunhas entraron no interior do antigo centro social, mentres o resto, na rúa, despregaron pancartas onde se leía «o Banc Expropiat se queda en Gràcia» e «o banco non está en venda».

Despois dunha hora de tarefas de reapertura apareceu o primeiro tuit na rede a pesar das numerosas persoas que observaban a actuación. Durante a mañá non houbo presenza de policía uniformada. Ás 15:00h empezou unha comida popular ás portas da oficina. Desde o exterior púidose observar como dentro do banco aínda estaban tódolos obxetos da tenda de intercambio de roupa que funcionaba ata o pasado mes de maio.

Dúas horas despois de entrar no inmoble, emitiron un comunicado onde se afirmaba que «hoxe volvemos a entrar no Banc. Fixémolo porque o Banc Expropiat é un espazo cheo de vida e o proxecto segue vivo. Porque non podemos permitir que o local xere un beneficio económico ao propietario Manuel Bravo Solano, un especulador de xeito total».

Ás 17:00h, unha quincena de furgóns da Brigada Móbil dos Mossos d’Esquadra apareceu sen previo aviso. Os axentes, a golpes e empurróns, expulsaron a concentración ata a praza da Revolución. Un pelotón de antidisturbios entrou dentro do banco ocupado. Minutos antes, o servizo de prensa dos Mossos informara que non actuarían sen unha denuncia do propietario. Os axentes sacaron do interior a dezaoito persoas, e fixéronas pasar pola forza ante un grupo de xornalistas. Segundo os Mossos, identificáronnas e quedaron en liberdade con cargos. Pouco despois, uns operarios, vixiados polos antidisturbios, volveron a colocar as mesmas planchas de ferro aos accesos e escaparates do local.

O centro social Banc Expropiat foi desaloxado o pasado 23 de Maio cun operativo de máis de 15 furgonetas da Brigada Móbil dos Mossos. Aínda que un grupo de oito membros do colectivo resistiu atrincherado nunha cámara de seguridade da antiga oficina bancaria, finalmente esta foi perforada polos policías e as portas do local foron blindadas. O desaloxo provocou unha onda de protestas, con fortes cargas policiais por varios lugares de Gràcia que durou máis dunha semana e que se saldou con máis de cen persoas feridas, un intento de reocupación e unha protesta ante as oficinas do especulador Manuel Bravo Solano, actual titular do inmoble, no paseo de Gràcia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: