[Vigo] Hoxe! Presentación do libro: “Colapso. Capitalismo terminal, transición ecosocial e ecofascismo” a cargo do autor, Carlos Taibo
Recibimos na nosa caixa de correo e espallamos:
Dentro do ciclo de charlas coas que a cooperativa Árbore está a celebrar os 15 anos de andaina, contarán coa presenza de Carlos Taibo para presentar o seu último libro: Colapso. Capitalismo Terminal, transición ecosocial e ecofascismo. Este libro, editado por La Catarata, afonda nalgún dos cambios sustanciais e irreversibles que estamos a vivir.
Agardámosvos para compartir o que promete ser unha presentación interesante e, como el é, sempre pedagóxica.
Será o mércores, 23 de novembro a partires das 19:30 nos locais da cooperativa Árbore (r/López Mora, 30, baixo – Vigo).
Deixar unha resposta