Actividades nos CSO’s galegos para esta semana!
Unha mensaxe recibida no noso correo por parte dunha das persoas que participarán nas actividades propostas infórmanos de que nos vindeiros días 24, 25 e 26 de novembro andará a voltas por varios Centros Sociais Okupados galegos unha proxección do documental sobre o Centro Ocupacional Magerit (podedes atopar máis información do proxecto do documental facendo click aquí). Ao tempo, aproveitando a viaxe, acompañará ao compañeiro que fará a presentación do documental outro compañeiro que estivo este verán en Grecia (Tesalónica e Idomeni) axudando como activista independente e que tamén dará unha palestra sobre a súa experiencia como voluntario.
Os espazos que visitarán os compañeiros serán o CSO Escarnio e Maldizer en Compostela (24 de novembro ás 20:00 h.), o CSO A Quinta da Carmiña en Vigo (25 de novembro ás 19:00 h.) e o CSO A Kasa Negra en Ourense (sábado 26 de novembro ás 19:00).
Deixar unha resposta