[Francia] Chamado para a okupación do bosque de Bure

bure Xs compañeirxs que se atopan okupando dende fai aproximadamente dous meses o bosque de Mandres en Bure, Francia, para defendelo da destrución que pretende causar alí Andra, unha empresa nuclear estatal que quere instalar no bosque un cemiterio subterráneo de residuos nucleares, emitiron o seguinte chamado agora que semella que Andra logrou reaxir ao fallo xudicial que a obrigaba a deter as súas actividades no bosque por ser éstas ilegais, e ten de novo posibilidades de gañar a batalla, obter a autorización e conseguir os permisos e a carta branca para rematar de destruir o bosque.

As compas fan un chamado á solidariedade, tanto para difundir en todas partes a loita e os sucesos que están a ocorrer alí como para acudir á zona a prestar apoio e loitar con elxs.

Comunicado tirado en inglés de Insurrection News e traducido ao galego para Abordaxe por Disnomia.

Chamado para unha okupación forestal en Bure, Francia: Apetéceche unirte a nós nesta loita?

O outono chegou, e mentras as noites se fan máis longas, nós seguimos loitando contra a instalación subterránea de eliminación de residuos nucleares altamente radiactivos (CIGEO) e por expulsar e impedir á compañía nuclear Andra destruir estas terras boscosas de Mandres en Bure, Francia. Tras case 5 mees de manifestacións, (re)okupacións, paseos polo bosque, desaloxos, accións legais, sabotaxes e novas construcións dende casas nas árbores ata torres erguíndose no bosque continuamos habitándoo. A nosa familia no bosque é pequena, pero activa e crecente, dando a benvida a novxs residentes e visitantes para camiñar polo bosque con nós.

Dende o 1 de agosto de 2016, Andra, unha compañía nuclear estatal que considera o residuo nuclear altamente radiactivo coma un recurso e non coma un perigo, recibiu a orde do tribunal de Bar-le-Duc para cesar as talas e cercado do bosque cos restos do último muro de Berlín que comezaron sen permisos legais. A compañía foi obrigada no proceso a obter a autorización ou, no mellor dos casos, a recultivar a destrución causada.cortege

Para alentar ao sistema xudicial a facer o correcto por unha vez e ao bosque a seguir manténdose forte, 500 de nós aproveitamos o momento o 14 de agosto e botamos abaixo o muro de cemento de 1.2 kms de longo rodeando o bosque. Despois desta acción, a nova okupación do bosque construíuse a sí mesma sen convocatorias, de xeito práctico: cando sabes que é o que hai que facer é fácil seguir adiante.

Desafortunadamente, aínda non derrotamos a Andra. A compañía apelou a decisión do tribunal do 1 de agosto, e o asunto foi programado para ir á corte o 3 de novembro. Como era de esperar, a sesión foi posposta, dándolle a Andra aínda máis tempo para atopar vacíos legáis para as súas necesidades. Así, o proceso para autorizar as talas está avanzando. Dende outubro, o alguacil e os gardas de seguridad tentaron ter os seus propios paseos polo bosque con éxito variable, controles policiais tiveron lugar en pobos cercanos e helicópteros zumbaron o espazo aéreo. Algunhxs compañeirxs artísticxs recibiron unha sentencia de prisión suspendida de 2 meses por un graffiti nun edificio de Andra en ruínas, outro recibiu unha prohibición de permanecer no área de Meuse durante 2 anos e as audiencias gratuitas pola caída do muro de Andra estánse acumulando. Un novo prefecto tomou o posto en Meuse e CIGEO ten un novo director. Andra tamén reclutou a un novo experto en dereito público para esquivar os seus erros do pasado.

Para resumir: estánse reorganizando, e a ameaza dun desaloxo do bosque e da reanudación dos traballos de excavación está medrando a un ritmo alarmante. E xa que o bosque non pode erguerse e pelexar por sí mesmo: tócanos a nós erguernos e loitar por él.

Con este novo chamado non só estamos a dar unha actualización a vellxs amigxs e defensorxs. Primeiro e sobre todo, estámosvos convidando a todxs vós a vir ou a tomar unha postura solidaria en calquer parte. Dende Calais a Notre-Dame-des-Landes a xente activa non se está rendindo pola represión, senón que atopan esperanza na acción. Respectamos a diversidade de tácticas: tanto se a túa movida é convocar ao exército de paiasxs, ser creativx cxs teus amigxs ou montar unha festa de domingo de castañas asadas para xs activistas locais, eres benvidx aquí.

A okupación do bosque construiu a súa infraestructura só durante un par de meses. Ofrecemos o espazo habitual: cociña, baños, material para construir o teu propio nido: pero xa que a acolledora cabaña comunal cun espacioso chan para poder durmir aínda é un traballo en proceso, recomendamos que se vas vir traias contigo roupa quente dabondo e material persoal para durmir contigo (tenda de campaña, saco de durmir…).

Podes contactar con nós por vía de sauvonslaforet@protonmail.com ou no teléfono +33(0)7 5387 8161. Máis info en en.vmc.camp

* Todos os domingos pola tarde, comezando ás 14, ofrecemos roteiros polo bosque, talleres de escalada, de construcción de cabañas e debates no bosque – ven e trae contigo axs teus amigxs e veciñxs!

* Para apoiarnos económica e materialmente, sentídevos libres de donar o que poidades: comida, cartos, ferramentas – e especialmente pellets e tablóns son sempre un tesouro.

Advertisements

Unha resposta to “[Francia] Chamado para a okupación do bosque de Bure”

  1. […] uns meses fora publicado xa na Abordaxe! un chamado de compas de Francia para acudir aos bosques de Bure, que foron okupados por grupos de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: